Vostede está aquíCHARLA INFORMATIVA COAS FAMILIAS
CHARLA INFORMATIVA COAS FAMILIAS
O mércores 19 de decembro realizamos unha xornada informativa coas as familias. O obxectivo principal desta charla era que os pais en nais coñecesen o proxecto de “Introdución á robótica en primaria”, en que consiste, con que materiais estamos a traballar, que é o que xa sabemos facer...
Na primeira parte da xornada, os profesores Ariadna e Xesús xustificaron e explicaron ás familias, a importancia de levar a cabo este proxecto no noso centro, describindo todas as actividades e tarefas a realizar.
Nunha segunda parte, o alumnado de 1.º de Educación Primaria presentou diferentes tipos de robots educativos cos que estamos a traballar: a Codioruga, Beebot, Escornabot, Jack, LEGO WEDO... e por suposto, o MBOT.
Un grupo de nenos/as montaron en directo, peza a peza, o MBOT e posteriormente outro grupo explicou paso a paso o seu funcionamento e programación a través da tablet.
A continuación, o alumnado de 5. º de Educación Primaria mostrou dous robots que construíran coas súas mans.
Despois explicaron como funciona o Scratch e o programa do MBOT, xa que teñen a mesma interfaz.
Puxeron exemplos do uso dos diferentes sensores e proxectos que podemos realizar combinándoos con MBOT.
Rematamos a xornada agradecendo ás familias a súa asistencia e interese e convidándoos á fería robótica que levaremos a cabo a finais de curso.