Vostede está aquíMagosto Solidario 2024 - Aberto ás persoas da comarca
Magosto Solidario 2024 - Aberto ás persoas da comarca
Como centro educativo que somos, non podemos vivir alleos ao que nos rodea e iso desafortunadamente tamén implica malos momentos como os vividos na pasada semana.
A ANPA do noso centro educativo, a petición das nais/pais do centro, organizará un Magosto Solidario en favor d@s damnificad@s polo DANA para todas aquelas persoas da comarca que queiran contribuír á causa o venres 8 de novembro de 16:15 a 17h. A cambio levarán unha presa de castañas asadas como agradecemento.
Compre sinalar que achegaremos unha listaxe actualizada de útiles remitida pola FVMP (Federación Valenciana de Municipios e Provincia) que son necesarios de aportar.
Agradecemos que as persoas que queiran contribuír só doen eses útiles da listaxe ou realicen aportacións económicas (moi recomendadas pola FVMP) , xa que, por operatividade e loxística é o que a comunidade precisa.
Esta listaxe irase actualizando ao longo da semana, debido a que, afortunadamente, xa se comezaron a restablecer bens básicos como a luz e auga.
A data 06/11/24 os útiles necesarios son:
-cueiros
-comida envasada (conservas, potitos…)
-compresas
-roupa interior sin usar
-leite en po para adultos e bebes
-biberóns
-calcetíns
-mantas
-auga
-comida sen glute
- máscaras e luvas
- botas e zapatos de traballo.
- roupa de traballo.
- roupa para bebés e nen@s.
Unha vez rematado o mesmo, engadiremos nesta mesma nova o recadado, faremos o pertinente inventario e explicaremos a loxística de envío e recepción do recadado.
- A recadación foi de 265€, e foi destinada para o centro educativo CEIP ORBA de Alfafar, centro moi afectado pola DANA. Tendes aquí o xustificante de pagamento.
- Premede na ligazón para ver a listaxe con todas as doazóns.
- Dadas as necesidades actuais, as doazóns serán enviadas nas vindeiras semanas a través de AxudaCoruñaValencia.