Vostede está aquíMobilidade Erasmus+ a Oulu (Finlandia) - 16/09 - 1º Día
Mobilidade Erasmus+ a Oulu (Finlandia) - 16/09 - 1º Día
Logo dunha longa viaxe, Sergio, mestre de Primaria e Álex, o director do centro e mestre de EF, chegaron a Oulu.
O centro Oulunsalon Kirkonkylän Koulu está nunha zona rural, con moitos espazos para facer deporte e adaptada para poder vir en bicicleta. De feito, ata no centro tiñan grandes áreas para o aparcamento de bicis, xa que, o 80% ven neste medio de transporte.
Dende o primeiro momento sentímonos moi acollidos polos mestres/as finlandeses e por un grupo de 3 mestras de Worms (Alemaña) que tamén están observando este centro.
Primeiramente, realizamos un tour polas súas coidadas instalacións para posteriormente realizar a presentación do noso centro para todo o seu alumnado e profesorado de Primaria.
A 3ª hora tivemos unha charla coa directora do centro sobre o sistema educativo finlandés e a súa comparativa co alemán e o español.
Logo de xantar no comedor do centro unha sopa de salmón e un pan tradicional, estivemos na clase de Educación Física onde xogamos ao béisbol estilo finlandés ou Pesäpallo e logo unha sesión de Educación Musical moi dinámica.
Foi unha mañá intensa pero moi enriquecedora. Deixámosvos unhas instantáneas deste día: