Vostede está aquíColaborador@s do comedor escolar 24-25
Colaborador@s do comedor escolar 24-25
Durante a vindeira semana, do 1 ao 5 de xullo en horario de 10.00h. a 13.00h, abrirase o prazo para para ser colaborador/a do comedor escolar no curso escolar 2024/2025.
Para iso, deberedes cubrir o anexo III (apuntando abaixo o número de conta bancaria onde queredes o ingreso e a retención do IRPF) que achegamos abaixo nesta nova, e entregalo na dirección do centro. Cómpre que marquedes a palabra colaborador/a.
Xunto con isto, precisamos o certificado de delitos de natureza sexual para o traballo habitual con menores.
A vosa proposta atenderase no vindeiro Consello Escolar de setembro.
As instrucións e funcións a desenvolver explicaranse en setembro nunha reunión antes do comezo do curso.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo III - Solicitude Colaboradoras.pdf | 47.39 KB |