Vostede está aquíSOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE PARA O CURSO 2024/2025
SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE PARA O CURSO 2024/2025
Segundo o disposto no artigo 4 punto 1 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento nos centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación: “O alumnado que queira acceder aos servizos complementarios de comedor e/ou transporte e teña garantía de permanencia no centro docente e non teña que formalizar a matrícula, deberá solicitalos expresamente mediante escrito dirixido ao centro durante o mes de maio de cada ano”.
Seguindo a Instrución Conxunta 1/2023, correspondente ao transporte escolar, para manter a condición de usuaria/o con dereito ao transporte escolar, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas, no caso que non se faga uso de xeito continuado, perderá a condición de usuario con dereito a transporte.
Seguindo a Instrución 2/2023, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa, @s usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.
Achegámoslles a solicitude de comedor e de transporte escolar para o vindeiro curso 2024/2025. Se están interesados, deben presentala no centro ata o 31 de maio. Podedes achegalas na mochila das vosas crianzas.
As solicitudes terán que vir asinadas por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coas solicitudes a resolución xudicial correspondente, agás en casos de violencia de xénero.
Na solicitude de comedor podedes marcar máis dun criterio pero debedes achegar a documentación acreditativa do mesmo.
Lembren acompañar a solicitude coa copia da documentación que corresponda segundo o caso:
− Usuario de transporte escolar sen servizo a mediodía: É preciso entregar un certificado familiar colectivo do PADRÓN MUNICIPAL (no caso de sufrir algunha modificación).
− Usuario en situación socioeconómica desfavorable: INFORME dos Servizos Sociais do Concello.
− Usuario cunha discapacidade igual ou superior ao 33%: CERTIFICADO de minusvalía.
− Familias numerosas: TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA.
− Se os pais traballan e non teñen horarios compatibles coa saída do alumnado: CERTIFICADO de horario con selo e asinado pola empresa.
− TRABALLADORES AUTÓNOMOS: CERTIFICADO de alta e último recibo aboado.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude Bus.pdf | 153.86 KB |
Solicitude Comedor.pdf | 144.01 KB |