Vostede está aquíClub de lectura - Coller as rendas (Yolanda Castaño)
Club de lectura - Coller as rendas (Yolanda Castaño)
No primeiro trimestre comezamos o club de lectura co alumnado de 1º e 2º curso. O libro que limos foi Coller as rendas, de Yolanda Castaño. Este libro de poemas conta como o ourizo, a carracha, o teixo, o sapo, a cascuda e moitos animaliños máis teñen un camiño por trazar. Cada un ten unha historia, cada un ten un camiño e todos son especiais por ser eles mesmos.
Nós fomos lendo na casa e facendo reunións na biblioteca. Nesas reunións fixemos lectura en voz alta e subidas á cadeira ou á mesa. Ler é un acto de rebeldía, de contracorrente, de incomodidade, por iso decidimos romper os moldes e deixar que a lectura nos mova a facer realidade o que nos parece imposible.
Ademais, fixemos un xogo de mesa que consistía en atopar as parellas entre o animaliño e o seu poema. Nas derradeiras reunións quixemos meternos de cheo nos poemas de Yolanda Castaño e decidimos recrear os animaliños cunhas máscaras.
Yolanda Castaño é unha poeta galega que foi galardoada no ano 2023 co Premio Nacional de Poesía pola súa obra Materia. Dicía a autora que "o mesmo mar fai cada día unha distinta praia". Os poemas de Yolanda Castaño seguen abrindo horizontes, e estas lectoras son as que van construír as praias que xa están vindo.
Coller as rendas - Yolanda Castaño de JULIÁN MONTOUTO LÓPEZ