Vostede está aquíFestival de Nadal

Festival de Nadal


By alexvarela - Posted on 11 Outubro 2023

21/12/2023
Europe/Madrid

O xoves 21 levaremos a cabo o festival de Nadal no pavillón do centro e a entrada estará aberta para as familias de 11h a 13:30h aproximadamente. Poderes acceder pola porta traseira do pavillón. O prezo da entrada solidaria será doar alimentos non perecedoiros para Cáritas, os cales debedes colocar nas caixas dispostas no pavillón. Na metade do festival realizaremos unha pequena merendola todos xuntos con rosca e chocolate, polo que o alumnado non terá que traer merenda.