Vostede está aquíRECEITA - Pastel de polo e cabaza
RECEITA - Pastel de polo e cabaza
Bo día.
Deixámosvos aquí unha das receitas que fixemos a semana pasada no comedor do colexio e que nos gustaría compartir coas familias para que proben a facelo nas súas casas.
Un saúdo e que aproveite.
PASTEL DE POLO E CABAZA
INGREDIENTES |
|
|
|
150 gr. de peituga de polo 150 gr. de cabaza ½ cebola ½ pemento 1 ceboleta 1 cenoria |
1 culleriña de mostaza Salsa de soia Aceite de oliva Sal Pementa |
1.
Cortamos as peitugas de polo en anacos de tamaños similares e dourámolos na sartén cun chisco de aceite.
2.
Retiramos o polo e seguimos cociñando as verduras finamente picadas. Comezamos pola cebola, seguimos co pemento e a cenoria e, por último, a ceboleta.
3.
Pelamos a cabaza e cortámola en anacos. Cociñamos a cabaza, ben fervéndoa en auga con sal ou ben ao forno a 180ºC uns 25 minutos.
4.
Unha vez obteñamos o puré de cabaza, engadímoslle dúas culleriñas de soia para agregar un punto orixinal que contrastará coa dozura da cabaza.
5.
Preparamos unha fonte para o forno. Colocamos unha capa de puré de cabaza, enriba o polo coas verduras e por último outra capa de puré de cabaza. Se queremos e nos gusta, podemos pódese poñerlle un pouco de pan relado con queixo para darlle un toque crocante a este pastel.
6.
Metemos o pastel no forno a 180ºC uns 25 minutos ata ter listo o noso pastel de polo e cabaza.