Vostede está aquíComedor escolar

Comedor escolar


Novos manteis

Como ides a poder ver nas imaxes posteriores, estamos de estrea no comedor. Temos uns manteis novos que ben seguro lle gustarán a todo o alumnado. Queremos agradecer ás nais colaboradoras do comedor e aos cociñeir@s por aportar o seu graíño de area para que este cambio fose posible.  Un gran exemplo de traballo en equipo. Mil grazas por todo o que aportades ao noso centro.

Ardemiro en Andalucía

O venres 27 de setembro , na cociña de Ardemiro decidimos viaxar ata Andalucía. Podedes ver a xenial presentación que elaboraron @s nos@s alumn@s de 6º curso. Oleeeeé!

Solicitudes Comedor 19-20

  Para ver información sobre o servizo de comedor para o curso 2019-2020 premede nas seguintes ligazons:

CIRCULAR SOBRE O COMEDOR ESCOLAR                ANEXO II

Ardemiro en Rusia

O xoves 13 de xuño, na cociña de Ardemiro decidimos viaxar ata Rusia. Podedes ver a xenial presentación que elaboraron @s nos@s alumn@s de 6º, que xa están a piques de comezar unha nova etapa no instituto. Botarémolos moito de menos e desexámoslles dende a cociña de Ardemiro moita sorte e que continúen comendo saudablemente.

Enquisa sobre a cociña de Ardemiro

Co gallo de mellorar día a día, gustaríanos que se invertiran 3 minutiños en realizar esta enquisa anónima para nais/pais e alumn@s.

 

Preme na ligazón para nais/pais e alumn@s: https://drive.google.com/open?id=1PYu3pGIPX9F-KH2EQt5b9NYQeCMOTnYmFTsxA1MiGpk

 

Ardemiro en México e Turquía

O xoves 9 de maio, na cociña de Ardemiro decidimos viaxar ata México. Podedes ver a xenial presentación que elaboraron @s nos@s alumn@s de 3º curso. Logo a viaxe, o venres 31 de maio, continuou ata Turquía e aquí foi o turno d@s alumn@s de 2º curso.