Vostede está aquíComedor escolar

Comedor escolar


RECEITA - Pastel de polo e cabaza

Bo día.

Deixámosvos aquí unha das receitas que fixemos a semana pasada no comedor do colexio e que nos gustaría compartir coas familias para que proben a facelo nas súas casas.

 

Un saúdo e que aproveite. 

PASTEL DE POLO E CABAZA

INGREDIENTES

 

 

150 gr. de peituga de polo

150 gr. de cabaza

½ cebola

½ pemento

1 ceboleta

1 cenoria

1 culleriña de mostaza

Salsa de soia

Aceite de oliva

Sal

Pementa

 

1.      

Cortamos as peitugas de polo en anacos de tamaños similares e dourámolos na sartén cun chisco de aceite.

2.      

Retiramos o polo e seguimos cociñando as verduras finamente picadas. Comezamos pola cebola, seguimos co pemento e a cenoria e, por último, a ceboleta.

3.      

Pelamos a cabaza e cortámola en anacos. Cociñamos a cabaza, ben fervéndoa en auga con sal ou ben ao forno a 180ºC uns 25 minutos.

4.      

Unha vez obteñamos o puré de cabaza, engadímoslle dúas culleriñas de soia para agregar un punto orixinal que contrastará coa dozura da cabaza.

5.      

Preparamos unha fonte para o forno. Colocamos unha capa de puré de cabaza, enriba o polo coas verduras e por último outra capa de puré de cabaza. Se queremos e nos gusta, podemos pódese poñerlle un pouco de pan relado con queixo para darlle un toque crocante a este pastel.

6.      

Metemos o pastel no forno a 180ºC uns 25 minutos ata ter listo o noso pastel de polo e cabaza.

MODIFICACIÓN MENÚ - 28/02/2023

Bo día.

Comunicámoslles que hoxe modificamos o menú e no lugar de falafel vai haber potaxe de garavanzos.

Un saúdo e desculpen as molestias. 

MODIFICACIÓN MENÚ - 15/02/2023

Bo día. 

Por problemas no subministro de mercancía temos que modificar o menú de hoxe, polo tanto os espaguetes con tomate caseiro levarán atún en lugar de cogomelos.

Un saúdo.

MODIFICACIÓN MENÚ - 01/02/2023

Bo día.

 

Por falta sazón vémonos na obriga de poñer hoxe iogur de postre e a pera o venres.

 

Desculpen as molestias.

 

Un saúdo.

Cambio menú - 15/12/2022

Bo día.

Informamos dende o comedor que hoxe imos cambiar o potaxe de garvanzos polo cóctel de gambas que sería mañá. Así, mañá venres os nenos/as comerán de primeiro prato o potaxe de garavanzos, que con este frío xa vai tocando algo quente. 

Un abrazo para quen queira recibilo. 

Comedor - 07/12/2022

Bo día.

Informámosvos dun cambio de última hora no menú de hoxe (07/12/2022). No postre cambiamos o caqui pola mazá. A causa? A froita, como todo nesta vida, precisa madurar. 

Un saúdo e desculpen as molestias. 

COMEDOR - SEMANA DO 24/10 AO 28/10

Por motivos de xestión do comedor, esta semana realizamos varios cambios no menú. Aquí volos deixamos detallados. 

 

Martes, 25/10: este día, sentíndoo moito, cambiamos a sandía pola mazá. O cocido mantense ;) 

1º prato 2º prato postre
caldo galego raxo de pavo con patacas dado mazá

 

Mércores, 26/10: sabemos o moito que lles gusta o peixe espada  aos nenos/as, pero por motivos de xestión temos que mudalo pola merluza.

1º prato 2º prato postre
ensalada de pasta merluza á portuguesa con pataca cocida laranxa

 

Xoves, 27/10: o xoves celebramos o Samaín no Mesón e queremos facelo por todo o alto, por iso cambiamos o menú do venres para o xoves e o do xoves para o venres.

 

Un saúdo e desculpen as molestias. 

 

CAMBIOS DE MENÚ

Informamos ás familias de que o xoves día 13 de outubro vaise modificar o menú por necesidades relacionadas co bo funcionamento do comedor. Deste xeito, o menú para o xoves queda así:

- Primeiro prato: lentellas estofadas

- Segundo prato: albóndegas de pavo con puré de patacas

- Sobremesa: laranxa

 

Un saúdo!

Solicitudes para o comedor escolar

  Aquí tedes as instrucións para solicitar o comedor do centro no vindeiro curso 2022-2023. Premede nas ligazóns para ler as instrucións da circular e descargar o anexo II, onde está o modelo de autodeclaración. O prazo de entrega finaliza antes do 7 de setembro (Para adiantar traballo mellor entregar a solicitude na primeira quincena de xullo de 10 a 14 horas). Aqueles que queirades colaborar na atención do comedor, descargade o anexo IV. Animádevos!

CIRCULAR       ANEXO II       ANEXO IV

Enquisa de satisfacción do comedor 21/22

Achegamos a enquisa anual para valorar o grao de satisfacción co comedor escolar, tan só vos levará uns 2-3 minutos.

Por un lado, teremos a enquisa para cubrir cada familia e polo outro, teremos outra ligazón distinta para o persoal colaborador, cociñeir@s e profesorado que asisten diariamente.

 A data final para a realización da enquisa será o venres 10 de xuño ás 23:55.

* Ligazón para as familias (cubrir só unha por familia): https://forms.gle/8ncVjrJD9zAa6zEKA

* Ligazón para o persoal colaborador, persoal de cociña e profesorado: https://forms.gle/TBVGYMgz8R4yfwzf8