Vostede está aquí5º e 6º de Primaria
5º e 6º de Primaria
MINI ORCHARD ADVANCES
AQUÍ VOS DEIXAMOS OS NOSOS AVANCES DA MINI HORTA DA CLASE DE INGLÉS
Our mini Orchard!!!
As nenas e nenos de 6º poñen en marcha o seu mini horto escolar en inglés ,co galo do proxecto de hortinautas. Esperamos ter unha boa colleita...
5th grade contest
As alumnas e alumnos de 5º practican inglés facendo un concurso,mirade que ben o fan!!!
6TH GRADE CONTEST
As nenas e nenos de 6º practican o pasado facendo un concurso
Iván Raña
O mércores 27 de febreiro os rapaces de 5º e 6º acudiron ao auditorio de Ordes xunto con alumnos dos outros colexios da vila para coñecer en persoa ao deportista más importante do noso concello: Iván Raña.
Iván foi entrevistado polo xornalista José Gerardo Fernández e logo someteuse ás preguntas dos case 200 rapaces, dando mostras da súa simpatía.
Cerámica Verea
Dentro do programa "EnTéllate" que teñen Cerámica Verea tejas y tejados e o Concello de Mesía, os nosos alumnos de 5º e 6º de E.P. visitaron o Centro de Interpretación da Arxila das Brañas da Valga, en Visantoña, e a fábrica da empresa, en Lanzá.
A iniciativa, pola que irán pasando tamén escolares de Boimorto, Frades e Mesía, quere promover o valor da xestión sostible de recursos como a arxila e dar a coñecer a evolución e a relevancia da industria cerámica na zona.
Se queredes ver a noticia que saiu en El Correo Gallego premede aquí.
Coñecendo aos nosos amigos do CEIP Varela Buxán
Ó longo do ano estivemos coñecendo a uns amigos de Cercio mediante un intercambio de cartas e por fin tivemos a oportunidade de coñecelos en persoa e poder comer xuntos, foi un pracer coñecervos e continuaremos o co resta de curso en contacto, e por suposto, esperamos volver a vernos!!;P
Correspondencia co CEIP Varela Buxán
Este ano, os alumnos de 5º e 6º estamos realizando un intercambio de cartas co alumnado de 4º, 5º e 6º do CEIP Varela Buxán (Lalín -Pontevedra). A semana pasada tocounos enviar as cartas para os nosos amigos lalinenses, esperamos que lles gustasen e que estén desexando recibir a próxima coa mesma ilusión que nos.
Moitas grazas as titoras do CEIP Varela Buxán, Sandra e Natalia, así como as nosas titoras de 5º e 6º, Bea e Anxos, por participar en este proxecto do cal esperamos que teña moi bos resultados.
Estade atentos que próximamente teremos máis correspondencia! :)