Vostede está aquíComplementarias

Complementarias


Entroido

  Un ano máis pasou o Entroido pero este ano non veu o meco, así que as consignas foron virtuais a través desta páxina web. Para ver os poemas das consignas e un par de fotos, premede aquí.

LUNS: Calzado diferente en cada pé.

MARTES: Con gravata ou paxarela.

MÉRCORES: Con calcetíns por riba do pantalón.

XOVES: Cun xersei posto do revés.

VENRES: Viñeron disfrazados da casa pero sen accesorios nin complementos.

Felices Festas!

Xa sabedes que este ano tan atípico non mandaremos postal de Nadal por correo ordinario, pero aquí tedes a nosa felicitación, esperando que o próximo ano deixemos atrás este pesadelo que vivimos. Se premedes na postal, poderedes ver outras que fixeron os nosos alumnos (supéranse de curso en curso).

  E de propina aquí tedes un vídeo, moi destas festas, coa clase de 5 anos.

Día contra a violencia de xénero

   Se queredes parar a presentación para vela con máis tranquilidade, volver para atrás ou vela a pantalla completa, premede na parte inferior da imaxe.

  E aquí un vídeo xenial dos rapaces de 5 anos!

Carreira Solidaria

  O luns e o martes celebramos a Carreira contra a Leucemia. Por se foran poucos os problemas cos protocolos anti-covid que nos impediron facer a actividade con todos os rapaces xuntos (como sería de desexar) tamén tivemos bastante mal tempo, pero con todo levámola a cabo. Entre tanta penuria unha boa noticia: a recadación ascendeu a 343,30 €. Xa foi enviada á fundación "Uno entre cien mil", que, á súa vez, enviounos un xustificante por e-mail. Podédelo ver, ademais dalgunhas fotos da carreira, premendo AQUÍ.

Entroido 2020

  Despois dunha semana de troula seguindo as consignas do meco (vir en pixama, traer zapatos distintos, vir con sombreiro e, por último, cun colar), por fin chegou o venres!

  E o mellor de todo é que foi un día de sol radiante. Así, axudados pola policía municipal, demos o paseo polo Mesón, lucindo os disfraces e acompañados por unha auténtica multitude. Non faltou logo o chocolate e os pericos dos nosos cociñeiros. Que gran festa!!!

  Premede en Ardemiro para ver as fotos. Pero non foi todo. O domingo 23, como xa é tradición, a ANPA celebrou a súa exitosa festa choqueira na Sala Josfer. Como sempre houbo disfraces, música e agasallos para todos os nenos e nenas. Ah! e había por alí unha tribo de masais!

Día da PAZ 2020

  Como todos os anos celebramos o Día da Paz (30 de xaneiro) falando dela, adornando os corredores cos nosos debuxos e, finalmente, cantando unha canción todos xuntos. Que reine a Paz!

  E nada mellor para rematar o mes que un bonito conto. O 31 de xaneiro veu Yolanda contarnos "Chibos, chibóns" aos rapaces de Infantil, 1º e 2º.

  Cun pouco de retraso, o 5 de febreiro, formamos no patio a palabra PAZ cos nosos propios corpos. Fou unha semana xenial! Premede na imaxe para ver fotos.

 

Festival de Nadal 19

  O venres 20 de decembro tivo lugar o noso festival de Nadal que contou cunha gran afluencia de espectadores. Acompañáronnos moitas familias que aportaron unha gran cantidade de alimentos (premede aquí para ver a cantidade exacta) que logo foron entregados a Cáritas. Todos o pasamos moi ben e repuxemos forzas co chocolate e as lambetadas que prepararon os nosos cociñeiros. Como sempre, se queredes ver as fotos premede na imaxe.

Eliminación da violencia

  O luns 25 de novembro foi o "Día Internacional pola eliminación da Violencia contra a Muller". No cole celebrámolo confeccionando un lazo morado con bolboretas e un mural con frases alusivas. A mediodía Aitor e Noelia leron un manifesto e posteriormente gardamos un minuto de silencio polas vítimas da violencia. Para rematar con algo de alegría, pola tarde Zaira veunos contar un conto moi divertido aos máis pequeniños. Se queredes ver fotos deste día, premede no lazo.

  Pero non foi o único que fixemos. O mércores 27 de novembro celebramos unha XINCANA POLA IGUALDADE no noso pavillón onde rapaces e rapazas tiveron que pasar por durísimas probas como varrer ou enroscar un parafuso. Premede na imaxe.