Vostede está aquíArdemiro's Games

Ardemiro's Games


22nd CHALLENGE 15/04/2020: CONVERTÉMONOS EN LUTHIERS

Para conseguir superar o novo reto que nos propón Ardemiro temos que converternos en luthiers,  sabedes que é iso? Son as persoas que arranxan ou constrúen instrumentos, iso é o que imos facer en este reto, construír un instrumento musical, concretamente unha maraca. Pero non vai a ser unha maraca calquera, xa que imos facela con material reciclado, é dicir, materiais que reutilizamos, asique  podemos utilizar botellas de auga,  rolos de papel hixiénico, de papel de cociña, iogures... e unha vez feita gardámola e levámola ao cole cando volvamos ás clases, así en música podemos acompañar unha canción todos xuntos cada un coa maraca que realizou, por tanto,  mans á obra.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 22º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Facer a nosa maraca en familia engadíndolle no interior arroz, lentellas, garbanzos… e empregar o material reciclado que vos queirades.

 3. Gravar un vídeo/foto da maraca e subilo ao padlet da 5ª/6ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

Vídeos:

 

 

 

20th CHALLENGE 09/04/2020:AQUÍ ESTÁ A NOSA COREOGRAFÍA CONXUNTA “RESISTIRÉ”

Aquí está o vídeo da nosa coreografía conxunta de RESISTIRÉ, noraboa a todos e todas e moitas grazas por participar nos retos, xa que dá gusto ver vídeos coma este, espero que vos guste e o disfrutedes:

 

 

 

21st CHALLENGE 13/04/2020: QUEIMAMOS CO ACROSPORT!

 Pasámola Semana Santa e estamos seguros que onte máis de un e unha se zampou o ovo de Pascua, unha rosca, unha tarta....

Polo tanto, propoñemos que fagades unha sesión de Acrosport para que contrarrestedes ese exceso de calorías, jejejej!

Agardamos que vos guste e que o poidades facer en familia.

Este reto vai a levarse a cabo entre luns e martes, co cal, mércores volveremos a propoñer un reto novo.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 21º RETO?

1. Ver o vídeo da sesión de Acrosport que podedes ver abaixo.

2. Realizar a sesión en familia sacando fotos das figuras (lembrádevos de levar a cabo as medidas de seguridade que indica o vídeo).

3. Facer unha montaxe de 3-4 fotos e subila ao padlet da 5ª e 6ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO!

 

20th CHALLENGE 09/04/2020: COREOGRAFÍA CONXUNTA “RESISTIRÉ”

Continuamos unha semana máis cos retos de Ardemiro, xa que estamos en semana santa, Ardemiro propónnos un reto moi especial para facer en conxunto coas nosas familias, como ata agora,  pero coa novidade de que este mesmo reto o faremos cooperando con máis xente, sabedes con quen? coa residencia de maiores de Ordes e cos nosos amigos do grupo de habilidades sociais de Mesón do Vento,  xa que queremos facerlles pasar uns momentos divertidos, alegres e axudar coa nosa compañía a levar o mellor posible estes días un pouquiño máis complicados.

En que consiste o reto? imos a realizar unha coreografía conxunta da canción que está de moda nestes tempos, “resistiré”  do dúo dinámico. Para poder facer a coreografía en conxunto imos a repartir qué parte da canción teredes que grabar cada un, así despois montaremos un vídeo da nosa coreografía, que será enviado á residencia de maiores de Ordes e ao grupo de habilidades sociais de Mesón do Vento. Unha vez enviado, eles poderán ver o noso vídeo e pasarnos a súa aportación ao mesmo para concluir realizar unha montaxe final dun vídeo cooperativo de todos.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 20º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Preparar toda a coreografía en familia e grabar a parte que nos toca a cada un:

INTRODUCIÓN MUSICAL: os mestres do cole

PARTE A: alumnos de primaria e os seus familiares

ESTRIBILLO: alumnos de infantil e os seus familiares

(Os que sodes irmáns en infantil e primaria, podedes grabar ambas partes xuntos!!;D )

3. Gravar o vídeo da parte da canción que nos tocou e subilo ao padlet da 3ª/4ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

Vídeo da coreografía:

PARTES DA CANCIÓN:

INTRODUCIÓN MUSICAL

PARTE A:

Cuando pierda todas las partidas

Cuando duerma con la soledad

Cuando se me cierren las salidas

Y la noche no me deje en paz

Cuando sienta miedo del silencio

Cuando cueste mantenerme en pie

Cuando se rebelen los recuerdos

Y me pongan contra la pared

ESTRIBILLO:

Resistiré, erguido frente a todo

Me volveré de hierro para endurecer la piel

Y aunque los vientos de la vida soplen fuerte

Soy como el junco que se dobla

Pero siempre sigue en pie

Resistiré, para seguir viviendo

Soportaré los golpes y jamás me rendiré

Y aunque los sueños se me rompan en pedazos

 

Resistiré, resistiré

19th CHALLENGE 06/04/2020: FACEMOS UNHA COREOGRAFÍA!

O resultado deste reto podémolo ver premendo aquí: https://vimeo.com/406479908/8814840176

 

Ollo que ven unha Semana Santa de moito bailoteo!!!

Este reto foi lanzado polo propio Concello de Ordes o sábado nas súas redes sociais e ten de prazo ata o vindeiro mércores antes das 23h. Reproducimos a mensaxe:

"Hoxe a través de conFITnamento traémosvos unha actividade diferente, non todo van ser exercicios, tamén nos temos que divertir un intre.
Propoñémosvos que coa canción da seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=MCwYOsOCUgg

...fagades un baile nas vosas casas, (podedes facelo coa xente da casa e coas cousas que teñades a man, culleres, vasoiras, disfraces etc...) o importante é divertirse. No vídeo que vos mandamos aparece unha coreografía de referencia. Co móbil gravades un anaco da vosa coreografía e subídela á seguinte ligazón:
https://drive.google.com/open…

Se polo que sexa, non vos vai a ligazón anterior, podedes envialo ao email cgpro@cgpro@es .

Tendes de prazo ata o mércores 8 de abril ás 23:00 horas. Con todos farase un vídeo para que as vosas mensaxes cheguen a todos os fogares.

Grazas a Tania Veiras e a Adriana Sánchez Iglesias por achegar este granciño de area neste proxecto e estar sempre dispostas a todo.

Lembrade: "A idea é illarnos hoxe para que cando nos xuntemos de novo... non falte ninguén"."

 

COMO LOGRAMOS SUPERAR O RETO 19?

1. Visualizamos o vídeo que aparece arriba.

2. Deseñamos unha coreografía en familia e valémonos de calquera cousa que teñamos pola casa e gravámola.

3. Subimos ese anaquiño de vídeo á ligazón que propuxo o Concello e, coma sempre, no padlet da 3º semana (si, sabemos que estamos xa na cuarta semana, pero como imos ter poucos retos esta semana, aforramos un, jejejejje)

 

PD: Como estamos nunha semana "non lectiva" propoñeremos este reto ata mércores e para o xoves temos preparado outro reto moi moi movidito. Aproveitade estes días para realizar algún dos que non fixéchedes ou repetir algún dos que máis vos gustou e se queredes subídeo!

Grazas pola vosa participación, sodes marabillos@s!!!!

18th CHALLENGE 04/04/2020: CREAMOS A LIBRERÍA DE ARDEMIRO!

Fixemos vídeo recompilatorio deste reto, desfrutádeo:

Pois chega a fin de semana e para comezar esta semana santa un pouco atípica, imos intentar poñerlle inxenio e recomendacións persoais...como?? pois recomendando un libro que vos gustara ou o libro que máis vos marcou como persoa. Obviamente cada un da familia pode escoller 1 distinto, xa que, non todos temos os mesmos gustos, e logo explicar un pouquiño sobre o mesmo, que foi o que máis lle gustou, con que personaxe vos sentíchedes identificados. Vai a saír algo verdadeiramente enriquecedor, diso estamos seguros!

PD: como é un reto de fin de semana, ata luns non haberá retos. Ademais, como é semana santa ímolo a tomar con moita tranquilidade, co cal, haberá retos cada 3/4 días. Así que, quen queira realizar ou repetir retos anteriores, ides a ter tempo para poder realizalos, sen problema.

 

 

COMO LOGRAMOS SUPERAR O RETO 18?

1. Pensa no libro que máis che guste e artella unha presentación do mesmo valéndote do material que ti queiras, non tes porque ter o libro (tendes 2 exemplos de presentación un pouquiño máis abaixo).

2. Grava un vídeo que non sexa superior a 1 minuto nin 25 Mb, para que poidades engadilo no  padlet.

3. Subilo ao padlet da 3ª semana.

4. Se cumplides estas 3 premisas, RETO CONSEGUIDO!

 

 

17th CHALLENGE 03/04/2020: PAPIROFLEXIA

 Moi ben esa sesión de cardio realizada onte, xenial. O reto que vos propoñemos hoxe é moi divertido, imos a facer papiroflexia, sabedes que é iso? consiste en crear figuras con papel, podedes facelo en un folio en branco ou de cores, o que teñades a man,  e que imos a crear? pois xa que Ardemiro é un raposo, que mellor que homenaxealo facendo eso mesmo, un raposo, é a nosa forma de agradecerlle todos os retos que diariamente pensa para nós.

Imos a deixar dúas ligazóns diferentes, podedes elixir calquera das dúas para facer, o que vos queirades, asique atentos as premisas para conseguir superar o reto número 17.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 17º RETO?

1. Ver os vídeos que se mostran a continuación.

2. Facer o noso raposo en familia con papel.

3. Gravar un vídeo/foto facendo papiroflexia e subilo ao padlet da 3ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

Vídeo 1:

 

Vídeo 2:

 

 

16th CHALLENGE: Sesión de Cardio!

Estareiii...chea de vidaaaaa! E che@s de enerxía temos que estar para realizar esta sesión de cardio a cargo de Johana. Seguro que logramos sacarvos un sorriso ao tempo que queimamos calorías.

 

Como logramos conseguir o reto?

1. Realizar a sesión en familia, premede nesta ligazón:  https://vimeo.com/400577790/ff29f3fb81

2. Facer un vídeo de 10/15 segundos realizándoa e subila ao padlet da 3ª semana.

3. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO!

 

15th CHALLENGE 01/04/2020: LINGUAXE DE SIGNOS

 Hoxe tócanos un reto super importante, pois imos a poñernos no lugar de persoas que non poden escoitar e que utilizan outros métodos para comunicarse, como é a linguaxe de signos. É fundamental poñernos no seu lugar, coñecer e intentar aprender a forma que teñen eles de comunicarse, pois se nos encontramos con algunha persoa que se comunique así, que mellor que saber responderlle con esa mesma linguaxe verdade? por iso, o reto 15 consiste en realizar unha canción facendo linguaxe de signos.

 

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 15º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Aprender os signos que aparecen no vídeo.

3. Gravar un vídeo/foto facendo linguaxe de signos e subilo ao padlet da 3ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

 

14th CHALLENGE 31/03/2020: FACEMOS UNHA SESIÓN ACROSPORT!

Queridas familias, amarrade as vosas mallas e os vosos chándales porque veñen curvas, ou mellor dito, figuras!!!

O Concello de Ordes está a realizar un proxecto chamado conFITnamento para que todas as persoas da Mancomunidade se manteñan activas nestas circunstancias que vivimos, e o profe Álex forma parte del, realizando sesións de Acrosport, válidas para todo alumnado en idade escolar e adultos. Un deporte moi moi divertido, que nos axuda a tonificar todo o noso corpo e a mellorar o noso equilibrio. É ,de feito, un dos deportes programados para o 3º trimestre dentro da planificación de Educación Física.

Agardamos que vos guste e que o poidades facer en familia.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 14º RETO?

1. Ver o vídeo da sesión de Acrosport que podedes ver abaixo.

2. Realizar a sesión en familia sacando fotos das figuras (lembrádevos de levar a cabo as medidas de seguridade que indica o vídeo).

3. Facer unha montaxe de 3-4 fotos e subila ao padlet da 3ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO!