Vostede está aquíErasmus +
Erasmus +
PROXECTO CON ESCOCIA "Let´s sharing our Blackvento culture"
Como todos sabemos a primeira mobilidade que formou parte do erasmus + que están realizando os nosos mestres Álex e Rocío, tivo lugar en Escocia, foi aquí onde establecimos contacto co colexio no que estivo a nosa mestra de música durtante dita estancia, para realizar un proxecto en común con eles.
O centro escocés chámase Blackness School e despois de diversas conversas e trámites por fin nace o proxecto titulado " Let´s our BlackVento culture" tendo como obxectivo compartir experiencias dende o CEIP Mesóndo Vento (España) ata o Blackness Primary School ( Escocia).
O proxecto foi creado na plataforma Etwinning por nós mesmos, traballaremos mediante esta plataforma co outro centro, participará o noso alumnado de 5º e 6º e os alumnos escoceses de P.5 (10 anos aprox.), manterémosvos informados de todas as novidades colgándoas tanto no apartado de erasmus + como no de sección bilingüe, asique estade moi atentos.
Proxecto "moedas do mundo"!!=)
A finais da pasada avaliación, a raíz da primeira mobilidade na cal os nosos mestres,Álex e Rocío estiveron uns días en Escocia, os alumnos de 5º puideron ver as libras, a moeda que se utiliza alí.
Isto espertou curiosidade en todos eles e por iso decidimos adicar unhas sesións de naturais e sociais para facer o proxecto de "moedas do mundo" coñecendo así outras moedas e as súas equivalencias co euro.
Grazas a súa gran implicación puidemos ver un montón delas, asique non o dubidedes e non vos podedes perder o seguinte vídeo, no cal se resume o seu gran traballo:
Reunión Wink no IES n°1 de Ordes
O luns 2 de decembro, tivemos unha reunión c@s soci@s do noso proxecto no IES n°1 de Ordes. Os temas a tratar foron: obter feedback da estancia en Escocia e posteriormente ir detallando a seguinte mobilidade a Austria.
Informando ao alumnado da nosa mobilidade Erasmus + a Escocia
O martes 19 de novembro fixemos unha charla informativa co alumnado de Educación Primaria sobre a nosa mobilidade de Eramus+ a Escocia. @s participantes puideron ver fotos tanto da nosa estancia en Edimburgo para a nosa formación lingüística e metodoloxía CLIL coma en Dundee onde estivemos en diversos centros. Ademais aproveitamos a ocasión para observar diversas características da cultura escocesa.
Compartindo a nosa experiencia Erasmus coas familias do CEIP Mesón do Vento
O pasado luns 18 de novembro, aproveitamos que estivemos reunidos coas familias do cole para comentar como foi a nosa experiencia erasmus en Escocia, posto que as familias mostraron moito interese dende a nosa volta ao centro.
Tanto o mestre Álex coma a mestra Rocío comentaron diferentes aspectos importantes así como a estancia de cada un deles nos centros escoceses respectivos.
Moitas gracias a todas as familias por todo o interese mostrado!! :)
Reunión no CAFI sobre proxectos europeos
O mércores 13 de novembro ás 6 da tarde os integrantes do proxecto WINK (o noso proxecto) e o proxecto CAMINE (mestres da contorna de Melide) estiveron nunha ponencia sobre os proxectos europeos de Erasmus+.
Concretamente, mestres do IES de Salvaterra e un dos seus centros adscritos o CEP Carlos Casares estiveron explicándonos con todo detalle a súa experiencia en programas Erasmus+ e en particular o proxecto RUSH, que levan a cabo conxuntamente con centros Italianos e Croatas durante 3 anos, o cal ten por obxectivo o estudo de diversas linguas minoritarias.
Para saber máis sobre este proxecto podedes navegar pola seguinte páxina:
https://rush.education/es/home/
Imaxes da nosa primeira mobilidade: Escocia
Unha vez rematada a mobilidade é momento para analizar todo o vivido e aprendido neste 11 días de activo traballo. Temos como proposta amosarlle ao alumnado e ao profesorado todo o que involucrou a nosa viaxe tanto a nivel persoal coma profesional (que vos podemos asegurar que foi impresionante). Aínda que as actividades da nosa academia se prolongaron moito no tempo e as estancias nos colexios foron moi intensas, sempre intentamos sacar un pouco de tempo para poder coñecer este fermoso país coa axuda de Ardemiro. Agardamos que vos guste!
Dirección Edimburgo
O pasado venres os mestres que participan no erasmus +, Rocío e Álex, realizaron unha presentación de Edimburgo para aos alumnos de 3º,4º,5º e 6º, xa que este é o destino da súa primeira mobilidade ( que terá lugar o 19 de outubro), nela puideron ver onde está localizada, pratos e deportes típicos así como a súa música tradicional de Edimburgo.
Presentation of our School to the school partners
Como parte do noso proxecto Erasmus+, imos a presentar a nosa escola ás escolas que van a convidarnos a facer Job Shadowing (observación directa) nas súas aulas. Enjoy it!