Vostede está aquíSaídas
Saídas
A Coruña 2015
O mércores 28 de xaneiro os alumnos do 2º e 3º ciclo de primaria fomos de excursión á cidade de Coruña. Alí asistimos a un interesante concerto didáctico no Auditorio e, posteriormente, visitamos e gozamos na Domus. Se queredes ver fotos, premede na imaxe da dereita.
O xoves 26 de febreiro os alumnos do 1º ciclo tamén fomos de excursión a Coruña.
Paseamos arredor da Torre de Hercules, logo no Auditorio vimos o ballet "O Lago dos cisnes" (Guai!). Comemos no parque de Santa Margarita e pola tarde estivemos xogando e aprendendo nas instalacións da Casa das Ciencias. Premede na imaxe da esquerda para ver as fotos.
Finalmente, o mércores 11 de marzo, os alumnos de infantil, para non ser menos que os maiores, tamén fomos á Casa das Ciencias e ao Planetario de propina! Premede na imaxe da dereita se queredes ver fotos desa excursión.
Santiago 2014
O 26 de novembro todas as clases de primaria foron de excursión a Santiago a ver unha exposición de cadros en Abanca (na Praza Cervantes) e outra de Mans Unidas sobre Superpepo (na Rúa do Villar). Ademáis pasearon polos fermosos recunchos da cidade e comeron na Quintana.
En resumo: foi un gran día! Se queredes mirar as fotos onde se ve o ben que o pasaron, premede neste coñecido pelegrín.
Aquarium Finisterrae 2014
O día 9 de xuño os alumnos de infantil fomos de excursión á Casa dos Peixes en Coruña. Alí vimos unha morea de animais que nos deixaron coa boca aberta, entre eles había peixes de todas clases, estrelas de mar, mamíferos mariños e ata unha vaca! Para ver fotos, premede na quenlla.
Granxa Escola Belelle 2014
O mércores 4 de xuño todos os alumnos de primaria do noso cole fixemos a nosa excursión de fin de curso visitando a Granxa de Belelle, no concello de Neda, moi preto de Ferrol.
O lugar é espéctacular e conta cunhas vistas mágnificas, pero a nós o que nos importou foi a gran cantidade de actividades que realizamos e o ben que o pasamos. Se queredes ver as fotos dese día, premede na imaxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4