Vostede está aquí5º e 6º de Primaria
5º e 6º de Primaria
Como funciona un fax?
Continuamos con robótica en 5º, sabedes o reto que temos para hoxe? coñecer como funciona un fax, asique atentos que comezamos!!!=)
Os alumnos de 5º continuamos programando!!=)
Os alumnos de 5º continuan iniciándose na programación de robótica, desta vez en vez de cun taboleiro de xogo cunha ferramenta en liña chamada "Blockly games", ademais de aprender a programar debemos repasar o inglés pois en este xogo as instruccións están en inglés, pero... seredes capaces de programar igual con este cambio, seguro que si, asique...mans á obra!!:)
Xogando cos músculos do corpo humano
Nos seguintes enlaces podedes clicar para ver xogos sobre os músculos do corpo, a ver quen se atreve a facer o pasapalabras do corpo humano!!=)
Xogo 2 Músculos vista posterior
Xogando co esqueleto humano
Aquí tedes uns xogos para traballar as partes do esqueleto humano, ánimo a ver se dades chegado á máxima puntuación!!!=)
Xogo 3: colocando os ósos do corpo
Cancións frauta
Que mellor que escoitar e ver a partitura da nosa canción, así podemos estudiala dende a casa vendo se nos sae ben.
Proxecto "moedas do mundo"!!=)
A finais da pasada avaliación, a raíz da primeira mobilidade na cal os nosos mestres,Álex e Rocío estiveron uns días en Escocia, os alumnos de 5º puideron ver as libras, a moeda que se utiliza alí.
Isto espertou curiosidade en todos eles e por iso decidimos adicar unhas sesións de naturais e sociais para facer o proxecto de "moedas do mundo" coñecendo así outras moedas e as súas equivalencias co euro.
Grazas a súa gran implicación puidemos ver un montón delas, asique non o dubidedes e non vos podedes perder o seguinte vídeo, no cal se resume o seu gran traballo:
Creando manualidades en plástica
Os alumnos de 5º estiveron creando un barco en plástica, acabaría flotando? Podemos descubrir todos os deseños no seguinte vídeo!!=)
Cromatografía
Os alumnos de 5º estiveron experimentando cos diferentes pigmentos que hai nas follas. Como sabemos nas follas realízase a fotosínte, e estes pigmentos son os encargados de absorber a luz con distinta lonxitude de onda, de ahí que as follas sean dde cores diferentes segundo a época do ano, pois no inverno non hai a mesma luz que hai no verán por exemplo.