Vostede está aquíEd. Infantil
Ed. Infantil
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE
"A linguaxe apréndese e ensínase a través da comunicación... A característica principal dos intercambios neno-adulto durante os primeiros anos é a interacción que deriva dunha adaptación recíproca de ambos interlocutores ás capacidades comunicativas do outro".
El niño que habla. Marc Monfort e Adoración Juárez.
Deste xeito, debemos de ter en conta que todos aqueles xogos, intercambios que teñamos coas nosas nenas e nenos, serán fundamentais no desenvolvemento comunicativo, e este desenvolvemento podemos portencialo e fomentalo dunha forma atractiva e lúdica.
Así, dende o Ciclo de Educación Infantil e tamén desde Audición e Linguaxe invitámosvos a estimular a linguaxe das vosas fillas e fillos:
No seguinte enlace podedes ver xogos de estimulación da linguaxe.
Biblioteca de Ordes
O día 22 de abril (a víspera do Día do Libro) os alumnos de Ed. Infantil fomos visitar e coñecer a biblioteca de Ordes. Alí Ana Mª, a encargada, explicounos como funciona e todo o que hai nela. Contáronnos varios contos. Viñeron dúas guapas mozas do instituto (e unha, María, estudou no noso cole!). Logo veu o alcalde en persoa e regalounos a todos unha bolsa con moitas cousas. E ata coloreamos fichas! Que ben o pasamos! Preme no debuxo para ver as fotos.
En cursos pasados
Se queres ver fotos dos nenos de 5 anos creando o seu propio deserto na clase.
Se queres ver fotos da clase de 5 anos facendo un traballo sobre o Outono.
Se queres ver unha presentación do traballo que fixemos no centenario de "Platero y yo".
Se queres ver unha presentación en vídeo sobre o Día da Paz.
Se queres ver unhas fotos dun traballo da clase de cinco anos sobre o Outono.
Se queres ver un vídeo dunha canción da clase de tres anos sobre o Entroido.
Se queres ver un vídeo doutra canción da clase de tres anos "Esa man, eles suben!".
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4