Vostede está aquíErasmus +

Erasmus +


Vídeo resumo das cartas e libro recibido de ESCOCIA

Aquí vos deixamos unha mostra de todos as cartas e o libro coa fotografías que recibimos do Blackness primary school, esperamos que vos guste!!=)

 

RECIBIMOS AS PRIMEIRAS CARTAS DO BLACKNESS SCHOOL DE ESCOCIA

Hoxe chegaron ao noso centro cartas dos compañeiros do Blackness, o colexio co que estamos conxuntamente facendo o proxecto este ano, encantounos abrir todas as cartas e poder ver as fotografías do seu colexio.

Ademais dicir tamén, que dentro de todas elas había outras moi especiais, pois estamos intercambiando tamén cartas  e cooperando no proxedcto con outro centro, neste caso un colexio español das illas baleares.

Gracias a todos polas cartas recibidas e esperamos que as nosas cheguen axiña tamén.

 

Postais realizadas para o proxecto Let´s sharing our BlackVento cultures"

Continuamos co noso proxecto con Escocia realizando actividades de nadal para eles, en esta ocasión creamos unhas postais felicitándolle o nadal os nosos amigos do Blackness primary School. 

Primeiro envío dirección ESCOCIA

Os alumnos de 5º e 6º estivemos preparando unha das primeiras actividades que forman parte do proxecto "Let´s sharing our blackvento cultures", o proxecto que temos co colexio Blackness de Escocia. 

Estivemos preparando un libro con imaxes e descripcións, tanto en inglés como castelán,do noso colexio, para que os nosos compañeiros escoceses o coñezan.

Esperamos que lles guste e agardamos con entusiasmo que nos chegue información deles!!=)

PROXECTO CON ESCOCIA "Let´s sharing our Blackvento culture"

Como todos sabemos a primeira mobilidade que formou parte do erasmus + que están realizando os nosos mestres Álex e Rocío, tivo lugar en Escocia, foi aquí onde establecimos contacto co colexio no que estivo a nosa mestra de música durtante dita estancia,  para realizar un proxecto en común con eles.

O centro escocés chámase Blackness School e despois de diversas conversas e trámites por fin nace o proxecto titulado " Let´s our BlackVento culture" tendo como obxectivo compartir experiencias dende o CEIP Mesóndo Vento (España) ata o Blackness Primary School ( Escocia).

O proxecto foi creado na plataforma Etwinning por nós mesmos, traballaremos mediante esta plataforma co outro centro, participará o noso alumnado de 5º e 6º e os alumnos escoceses de P.5 (10 anos aprox.), manterémosvos informados de todas as novidades colgándoas tanto no apartado de erasmus + como no de sección bilingüe, asique estade moi atentos.

 

Proxecto "moedas do mundo"!!=)

A finais da pasada avaliación, a raíz da primeira mobilidade na cal os nosos mestres,Álex e Rocío estiveron uns días en Escocia, os alumnos de 5º puideron ver as libras, a moeda que se utiliza alí.

Isto espertou curiosidade en todos eles e por iso decidimos adicar unhas sesións de naturais e sociais para facer o proxecto de  "moedas do mundo" coñecendo así outras moedas e as súas equivalencias co euro.

Grazas a súa gran implicación puidemos ver un montón delas, asique non o dubidedes e non vos podedes perder o seguinte vídeo, no cal se resume o seu gran traballo:

 

Reunión Wink no IES n°1 de Ordes

O luns 2 de decembro, tivemos unha reunión c@s soci@s do noso proxecto no IES n°1 de Ordes. Os temas a tratar foron: obter feedback da estancia en Escocia e posteriormente ir detallando a seguinte mobilidade a Austria.

Informando ao alumnado da nosa mobilidade Erasmus + a Escocia

O martes 19 de novembro fixemos unha charla informativa co alumnado de Educación Primaria sobre a nosa mobilidade de Eramus+ a Escocia. @s participantes puideron ver fotos tanto da nosa estancia en Edimburgo para a nosa formación lingüística e metodoloxía CLIL coma en Dundee onde estivemos en diversos centros. Ademais aproveitamos a ocasión para observar diversas características da cultura escocesa.

Compartindo a nosa experiencia Erasmus coas familias do CEIP Mesón do Vento

O pasado luns 18 de novembro, aproveitamos que estivemos reunidos coas familias do cole para comentar como foi a nosa experiencia erasmus en Escocia, posto que as familias mostraron moito interese dende a nosa volta ao centro.

Tanto o mestre Álex coma a mestra Rocío comentaron diferentes aspectos importantes así como a estancia de cada un deles nos centros escoceses respectivos.

Moitas gracias a todas as familias por todo o interese mostrado!! :)

Reunión no CAFI sobre proxectos europeos

O mércores 13 de novembro ás 6 da tarde os integrantes do proxecto WINK (o noso proxecto) e o proxecto CAMINE (mestres da contorna de Melide) estiveron nunha ponencia sobre os proxectos europeos de Erasmus+.

Concretamente, mestres do IES de Salvaterra e un dos seus centros adscritos o CEP Carlos Casares estiveron explicándonos con todo detalle a súa experiencia en programas Erasmus+ e en particular o proxecto RUSH, que levan a cabo conxuntamente con centros Italianos e Croatas durante 3 anos, o cal ten por obxectivo o estudo de diversas linguas minoritarias.

Para saber máis sobre este proxecto podedes navegar pola seguinte páxina:

https://rush.education/es/home/