Vostede está aquíSaídas
Saídas
Santiago 2018
Unha vez máis seguimos aos nosos antergos e decidimos facer a nosa propia pelegrinaxe a Compostela.
Os alumnos de Ed. Primaria desde 1º a 4º visitamos os museos da catedral e os seus espectaculares tellados. Logo fomos comer ao Parque da Granxa do Xesto. Rematada a comida comezaron os xogos e a diversión.
Premede na imaxe para ver as fotos.
A Casa dos Peixes
O xoves 7 de xuño os alumnos de Ed. Infantil fixeron a súa excursión de fin de curso ao "Aquarium Finisterrae" da Coruña. O día, como ven sendo norma este ano, foi algo chuvioso pero iso non impediu que o pasaran moi ben e gozaran da visita.
Premede na imaxe se queredes ver fotos, aínda que debido ás condicións de iluminación do lugar, non sexan moi claras.
Xanceda 2018
O mércores 18 de abril, os nosos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º fixeron unha interesante visita á CASA GRANDE de Xanceda. Alí pasearon polas instalacións que converteron a esta empresa nunha das punteiras de galicia, coa súa aposta polos produtos ecolóxicos. Como non, a parte máis divertida foi achegarse aos seus animais. Premede na imaxe para ver fotos.
Viaxe ao Grove 2017
O mércores 27 de setembro fixemos a excursión de fin de curso que quedara anulada pola folga de transporte.
Visitamos o Grove e pasámolo de medo viaxando no catamarán (vimos un par de arroaces!!!) no que tomamos uns mexillóns boísimos. Pola tarde visitamos o acuario. Premede na imaxe e poderedes ver algunhas fotos.
Marcelle 2016
O martes 20 de xunio todos os nenos de primaria, de 1º ata 6º, fomos visitar Marcelle (en Outeiro de Rei, Lugo).
Como xa sabedes (e se non, premede no enlace) Marcelle é un pequeno zoolóxico, a carón do Río Miño, onde os rapaces están en contacto coa natureza e poden gozar de diversas actividades. Se queredes ver fotos do ben que o pasaron, premede na imaxe do bisonte.
Sotavento 2015
O xoves 17 de xuño, todos os cursos de primaria fomos ao parque éolico Sotavento en Xermade (Lugo).
Ali estiveron connosco tres monitores que nos ensinaron unha gran cantidade de cousas sobre as enerxías renovables. Aprendemos moito e ata nos deron chocolate! Que ben o pasamos!