Vostede está aquíVarios

Varios


Despedida 6º

  Como os alumnos de 6º marchaban de excursión, o venres 15 de xuño, fixemos a súa despedida oficial. Primeiro o profe Xan deu unha charla sobre o Camiño Inglés, logo repartíronse os premios do concurso das Letras Galegas e ao final os dous titores que tiveron en Primaria déronlle uns agasallos. Se vos gusta a nostalxia, vede como cambiaron premendo na imaxe. 

Ata sempre e noraboa

  Marchan os nosos alumnos de 6º e ata o mesmo Ardemiro veu despedirse deles. Aquí tedes unha foto de como eran hai case 10 anos coa súa 1ª profesora, Fátima, e as últimas deste ano no cole. Moita sorte para o futuro!

 Doutra banda, no cole estamos orgullosos dos éxitos dos nosos alumnos e ex-alumnos. Desde aquí queremos felicitar ao club de taekwondo Boudsport polos seus triunfos e a Manuel pola súa excelencia académica xa que está entre os 25 elixidos para participar no proxecto ESTALMAT.