Vostede está aquíRobótica

Robótica


Como funciona un fax?

Continuamos con robótica en 5º, sabedes o reto que temos para hoxe? coñecer como funciona un fax, asique atentos que comezamos!!!=)

Robótica 3º

Os alumnos de 3º continuamos con robótica, desta vez estivemos traballando co bluebot programandoo coa tablet e tamén vendo máis sensores que teñen os lego wedo!!=)

 

Os alumnos de 5º continuamos programando!!=)

Os alumnos de 5º continuan iniciándose na programación de robótica, desta vez en vez de cun taboleiro de xogo cunha ferramenta en liña chamada "Blockly games", ademais de aprender a programar debemos repasar o inglés pois en este xogo as instruccións están en inglés, pero... seredes capaces de programar igual con este cambio, seguro que si, asique...mans á obra!!:)

 

Robótica en 3º

  Na clase de 3º de Primaria seguimos traballando cos LEGO WEDO e empezamos a coñecer o Blue Bot. Para ver fotos premede AQUÍ.

Comezamos coñecendo os LEGO WEDO

Os alumnos de 3º comezamos este ano a coñecer aspectos da robótica, o primeiro robot co que nos encontramos son os lego wedo, xa coñecemos por qué funcionan e algunhas pezas importantes.

 

 

Un novo robot chega á clase grazas o noso compañeiro de 5º Álvaro R.

Gracias ao noso compañeiro Álvaro R. puidemos ver como funciona o " Evolution robot". Puidemos ver as pezas que ten, os sensores dos que consta e como funciona, comparandoo cos outros do cole. 

Unha gran experiencia sen dúbida!!:)

 

TRABALLANDO A PROGRAMACIÓN CO "CODY ROBY" ( 5º E.P)

Os alumnos de 5º curso comezamos a traballar os elementos máis importantes para programar e como o fixemos? Desta vez co xogo "Cody roby", un xogo súper entretido e moi divertido, pero para a próxima sesión teremos máis retos con este xogo, asique agardaremos uns días e logo continuamos mergullándonos no mundo da robótica!!!=)

 

CHARLA INFORMATIVA COAS FAMILIAS

Onte realizamos a charla informativa ás familias para ver os aspectos que imos a tratar no proxecto de robótica ao longo do presente curso. Como ben sabedes, os cursos implicados directamente son educación infantil, 3º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.

Este ano a persoa do CAFI que nos vai a guiar é Cristina Diéguez, a cal sabemos que nos axudará moito en todo.

Se tedes algunha dúbida respecto ao proxecto non dubides en preguntarnos!!;D

PROXECTO DE ROBÓTICA CURSO 2019-2020

Como todos sabedes o ano pasado o noso colexio comezou co proxecto de instrodución á robótica en Educación primaria, este ano continuaremos con este proxecto, sendo desta vez a coordinadora Rocío. Iremos poñendo todas as novidades nesta páxina asique esperemos que vos guste e que tanto familias como alumnos o pasedes ben facendo robótic, vendoa e entendéndoa!!!=)

SAÍMOS NA PRENSA!

"La Voz de Galicia" fíxose eco da nosa I Maker Faire. Podedes ver o artigo aquí:

Artigo " La voz de Galicia"