Vostede está aquíSaídas
Saídas
Viaxe á Coruña
O luns 13 de marzo todo o cole viaxamos á Coruña, pero non aos mesmos lugares. Os pequeniños de Infantil foron a Casa dos Peixes mentres os de Primaria foron primeiro á Casa das Ciencias e posteriormente á Domus. Nunha cousa coincidiron, que todos o pasaron moi ben e volveron ao cole cansados e satisfeitos. Para ver algunhas fotos, premede na imaxe.
Cine de Nadal
O xoves 18 de decembro fomos ás Cancelas en Santiago para ver a película do momento: "Frozen 2".
Por suposto non faltaron as palomitas e gusanitos para ter algo que levar á boca. Tivemos sorte ademais que o tempo non estivo tan malo como se esperaba e a viaxe foi boa. Se queredes ver algunhas fotos premede na imaxe da película.
Saída Fin de Curso 2019
O venres 21 de xuño os alumnos de Ed. Primaria foron de excursión de fin de curso a FERVENZAVENTURA en Silleda. Tiveron un día excelente con bastante sol e calor e pasárono moi ben. Preme na imaxe para ver algunha foto.
Visita ao MUNCYT
O venres 26 de abril os nosos alumnos de 4º,5º e 6º curso de EP visitaron o Museo de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña (MUNCYT).
A visita foi realmente interesante e todos o pasaron moi ben, aínda que a pega foi ter que comer máis tarde do habitual. Se queredes ver fotos, premede na imaxe.
As Cancelas
O xoves 20 de decembro, un día de bastante mal tempo, todo o cole (Infantil e Primaria) viaxamos ao centro comercial As Cancelas en Santiago para que os nosos rapaces tivesen a experiencia de ver unha película, "El Grinch", nun cine de verdade. Logo. á volta, gozamos da rica comida de Nadal. Que gran día!
Cerámica Verea
Dentro do programa "EnTéllate" que teñen Cerámica Verea tejas y tejados e o Concello de Mesía, os nosos alumnos de 5º e 6º de E.P. visitaron o Centro de Interpretación da Arxila das Brañas da Valga, en Visantoña, e a fábrica da empresa, en Lanzá.
A iniciativa, pola que irán pasando tamén escolares de Boimorto, Frades e Mesía, quere promover o valor da xestión sostible de recursos como a arxila e dar a coñecer a evolución e a relevancia da industria cerámica na zona.
Se queredes ver a noticia que saiu en El Correo Gallego premede aquí.