Vostede está aquíComedor escolar

Comedor escolar


SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR

As familias das persoas usuarias do servizo de comedor no vindeiro curso 2023-2024 deberán cumplimentar o "Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións", que adxuntamos nesta publicación, e entregalo na secretaría do noso centro educativo en horario de 10.00h. a 13.00h. os días 12, 13 e 14 de xullo.

Recordamos que neste documento non fai falla indicar a conta do IRPF, xa que non é necesario xustificar ante o centro educativo ditas cantidades, únicamente é preciso marcar a casiña que corresponde (gratuíto, 1€, 2,50€ ou 4,50€).

RECEITA - Pastel de polo e cabaza

Bo día.

Deixámosvos aquí unha das receitas que fixemos a semana pasada no comedor do colexio e que nos gustaría compartir coas familias para que proben a facelo nas súas casas.

 

Un saúdo e que aproveite. 

PASTEL DE POLO E CABAZA

INGREDIENTES

 

 

150 gr. de peituga de polo

150 gr. de cabaza

½ cebola

½ pemento

1 ceboleta

1 cenoria

1 culleriña de mostaza

Salsa de soia

Aceite de oliva

Sal

Pementa

 

1.      

Cortamos as peitugas de polo en anacos de tamaños similares e dourámolos na sartén cun chisco de aceite.

2.      

Retiramos o polo e seguimos cociñando as verduras finamente picadas. Comezamos pola cebola, seguimos co pemento e a cenoria e, por último, a ceboleta.

3.      

Pelamos a cabaza e cortámola en anacos. Cociñamos a cabaza, ben fervéndoa en auga con sal ou ben ao forno a 180ºC uns 25 minutos.

4.      

Unha vez obteñamos o puré de cabaza, engadímoslle dúas culleriñas de soia para agregar un punto orixinal que contrastará coa dozura da cabaza.

5.      

Preparamos unha fonte para o forno. Colocamos unha capa de puré de cabaza, enriba o polo coas verduras e por último outra capa de puré de cabaza. Se queremos e nos gusta, podemos pódese poñerlle un pouco de pan relado con queixo para darlle un toque crocante a este pastel.

6.      

Metemos o pastel no forno a 180ºC uns 25 minutos ata ter listo o noso pastel de polo e cabaza.

Solicitudes para o comedor escolar

  Aquí tedes as instrucións para solicitar o comedor do centro no vindeiro curso 2022-2023. Premede nas ligazóns para ler as instrucións da circular e descargar o anexo II, onde está o modelo de autodeclaración. O prazo de entrega finaliza antes do 7 de setembro (Para adiantar traballo mellor entregar a solicitude na primeira quincena de xullo de 10 a 14 horas). Aqueles que queirades colaborar na atención do comedor, descargade o anexo IV. Animádevos!

CIRCULAR       ANEXO II       ANEXO IV

Enquisa de satisfacción do comedor 21/22

Achegamos a enquisa anual para valorar o grao de satisfacción co comedor escolar, tan só vos levará uns 2-3 minutos.

Por un lado, teremos a enquisa para cubrir cada familia e polo outro, teremos outra ligazón distinta para o persoal colaborador, cociñeir@s e profesorado que asisten diariamente.

 A data final para a realización da enquisa será o venres 10 de xuño ás 23:55.

* Ligazón para as familias (cubrir só unha por familia): https://forms.gle/8ncVjrJD9zAa6zEKA

* Ligazón para o persoal colaborador, persoal de cociña e profesorado: https://forms.gle/TBVGYMgz8R4yfwzf8

Novos manteis

Como ides a poder ver nas imaxes posteriores, estamos de estrea no comedor. Temos uns manteis novos que ben seguro lle gustarán a todo o alumnado. Queremos agradecer ás nais colaboradoras do comedor e aos cociñeir@s por aportar o seu graíño de area para que este cambio fose posible.  Un gran exemplo de traballo en equipo. Mil grazas por todo o que aportades ao noso centro.

Ardemiro en Andalucía

O venres 27 de setembro , na cociña de Ardemiro decidimos viaxar ata Andalucía. Podedes ver a xenial presentación que elaboraron @s nos@s alumn@s de 6º curso. Oleeeeé!