Vostede está aquíComplementarias
Complementarias
Día da Discapacidade
O día 3 de decembro celébrase o día das persoas con discapacidade. Como ese día é domingo, no noso cole aproveitamos o venres día 1 de decembro para invitar @s alumn@s da Aula de habilidades sociais do Mesón do Vento e facer con el@s unha morea de divertidas actividades. Premede na imaxe para ver as fotos.
Plan director - Charlas da Garda Civil
Por segundo ano, o centro foi admitido no Plan Director, onde partipan alumnado e familias de 5º e 6ºEP. Neste curso a temática foi a prevención da violencia de xénero e a prevención de delitos sexuais.
Deixamos imaxes ao respecto:
25 N Día Internacional contra a Violencia de Xénero
No CEIP Mesón do Vento conmemoramos o 25 N cunha canción en Lingua de Signos. Grazas a tod@s @s participantes.
Carreira solidaria 2023
O venres 20 de outubro tivemos a nosa xa tradicional Carreira Solidaria. Nesta ocasión tivemos que celebrala no pavillón por mor do inestable tempo. Como sempre os nosos rapaces dérono todo e o nivel de decibelios e esforzo alcanzou cotas nunca vistas. Vede algunhas fotos premendo no cadro luminoso.
Recaudouse 825€.
Mil grazas por seren tan solidarios!!!
Próximamente achegaremos o diploma e o extracto do ingreso.
Torneo de Brilé
Dada a aceptación por parte do alumnado polo Brilé, dende o equipo directivo, se organizou un torneo para tod@s @s alumn@s que quixeran participar. Realizaronse equipos mixtos e intercurso para que sexa máis divertido e coeducativo. O torneo baseouse nuns cuartos de final onde cada equipo xogaba 3 partidos para a súa clasificación final. Finalmente tivemos a entrega de premios onde tod@s @s participantes tiveron o seu obsequio. Premede no cartel do torneo para ver as imaxes.
Ovos de Pascua
Si, si, si! Por fin chegaron as vacacións de Semana Santa. Necesitabamos un bo respiro despois de tanto traballo e tantos exames seguidos.
E nada mellor que o venres 31 de marzo, último día de clase deste trimestre, poñernos a todo o cole buscando os ovos de Pascua no pavillón (ovos previamente feitos e adornados polos nenos).
Premede na imaxe e vede o ben que o pasamos tentando atopar o noso ovo!
Proxecto Terra concedido
Informamos de que fomos seleccionados dentro da convocatoria de actividades complementarias deste curso 22/23 para o Proxecto Terra. Este proxecto é o resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
Como parte do mesmo, ademais dunha unidade didáctica levada a cabo polo profesorado de 5º e 6º de Primaria, contamos cunha viaxe a Allariz de 2 días o 27 e 28 de abril onde se realizarán diversas accións formativas.
O único importe que teñen que asumir as familias será o custe do transporte e a merenda da mañá e xantar do primeiro día (a idea sería traelo da casa).
As actividades, aloxamento, comida e resto de aspectos básicos serán gratuítos.
Nos vindeiros días enviaremos ás familias a autorización para logo poder calcular o importe do bus co alumnado que vaia a asistir.
O alumnado irá acompañado durante toda a viaxe por dous mestres/as.
O plan detallado dos 2 días e o tipo de roupa a levar tendelo nos ficheiros anexos.
Premede na imaxe para ver un vídeo antigo sobre Allariz e algunha das actividades.
Día da Muller
Como todos sabedes o día 8 de marzo celebrouse o Día da Muller. No colexio unímonos a esta festividade con diversas actividades que desenvolvimos durante toda a semana. Ese día tivemos a agradable visita de Ana Sánchez, unha famosa endocrinóloga e antiga estudante no cole do Mesón que lles veu dar unha charla aos nosos rapaces. Para ver as primeiras fotos (haberá máis) premede na imaxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »