Vostede está aquíAnimación á lectura

Animación á lectura


Padriños Lectores 2023

  Unha semana de abril temos a nosa habitual actividade de APADRIÑAMENTO LECTOR. Os alumnos maiores, despois de practicar moito, lenlle aos máis pequenos diversos contos.

  Comezamos o mércores 19 pola tarde. Aproveitando o bo tempo destes días, esta actividade será ao aire libre, gozando dos contos, do sol e da herba.

  Para ver fotos, premede na imaxe.

Contacontos Benxamín

O luns 17 de abril as clases de 1º, 2º e 3º escoitamos ao contacontos Benxamín por cortesía da Editorial Anaya. Preme na imaxe para ver fotos.

Padriños lectores 2022

 O luns 25 e o martes 26 de abril tivemos as nosas xornadas de apadriñamento lector. Os alumnos veteranos de 3º, 4º, 5º e 6º léronlle contos (algúns en inglés) aos seus compañeiros máis pequenos, para que estes gozaran da emoción da lectura.

  O tempo foi excelente o primeiro día, así que celebramos a xornada no exterior.

  O martes comezamos tamén no exterior pero unhas gotas traidoras obrigaronnos a gorecernos no interior dos cubertos. Premede na imaxe para ver as fotos.

Letras Galegas e Apadriñamento lector

E de propina os nosos rapaces maiores lendo contos.

Día do Libro 2020

Ola Rapaces: Ven o Día do Libro e Ardemiro quere que teñades boas lecturas aseguradas. Premede na esquina inferior dereita para poñer a presentación a toda pantalla e premede na dereita para pasar as páxinas, logo clicade no libro que máis vos apeteza ler e ... listo! Ánimo a todos. Vémonos pronto!

Contando contos

  Despois da visita de Zaira o Día da Non Violencia, agora foi o turno de María (a nai de Hugo e Sara) que nos contou que hai algunha piraña á que lle gusta a froita e que intentou convencer ás súas compañeiras para que comesen bananas, pero non sei ben como acabou a historia.

Día do Libro 2019

  Un ano máis celebramos o DÍA do LIBRO (23 de abril) como se merece. Aparte doutras actividades dentro das aulas, os alumnos de 4º, 5º e 6º como é tradicional ensaiaron por parellas varios contos que logo lles contaron este día e o seguinte aos máis pequenos. Tristemente o mal tempo non nos permitiu usar os patios como o ano pasado e tivémolo que facer en diversos recunchos do cole. Ao final, aparte de pasalo ben, todos tivemos un regalo sorpresa: un pin do noso amigo Ardemiro!

  Pero iso non foi todo. O día 24, pola tarde, os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º recibiron a visita da gran escritora Ánxela Loureiro da que previamente tiñan lido algúns libros. A sorpresa é que Ánxela, ademais de escribir uns libros fantásticos, tamén sabe tocar a guitarra e cantar moi ben. Así que a súa charla foi realmente divertida. Logo, con moitísima paciencia asinounos moreas de libros. Pasámolo de medo e esperamos que volva pronto ao noso cole. Se queredes ver fotos, premede nas imaxes.