Benvida sticky icon

O profesorado do  CEIP  Mesón do Vento de Ordes dálle a benvida a todos os internautas que se achegan á nosa páxina web.

Esta páxina nace como consecuencia da aplicación das novas tecnoloxías (TIC) ao ensino, tendo como obxectivo primordial dar a coñecer o noso colexio. Nela atoparedes información sobre o centro, profesorado, alumnado, actividades, horario, textos, ANPA... Os contidos iranse actualizando periodicamente.

Para navegar pola páxina só tendes que premer co rato nos enlaces que aparecen á dereita.

Esperando que sexa do voso agrado e que vos resulte útil, despedímonos, e volvede porfa!

Grazas por visitarmos.

Magosto Solidario 2024 - Aberto ás persoas da comarca

 

Como centro educativo que somos, non podemos vivir alleos ao que nos rodea e iso desafortunadamente tamén implica malos momentos como os vividos na pasada semana.

 A ANPA do noso centro educativo, a petición das nais/pais do centro, organizará un Magosto Solidario en favor d@s damnificad@s polo DANA para todas aquelas persoas da comarca que queiran contribuír á causa o venres 8 de novembro de 16:15 a 17h. A cambio levarán unha presa de castañas asadas como agradecemento.

 Compre sinalar que achegaremos unha listaxe actualizada de útiles remitida pola FVMP (Federación Valenciana de Municipios e Provincia) que son necesarios de aportar.

 Agradecemos que as persoas que queiran contribuír só doen eses útiles da listaxe ou realicen aportacións económicas (moi recomendadas pola FVMP) , xa que, por operatividade e loxística é o que a comunidade precisa.

 Esta listaxe irase actualizando ao longo da semana, debido a que, afortunadamente, xa se comezaron a restablecer bens básicos como a luz e auga.

 

A data 06/11/24 os útiles necesarios son:

-cueiros
-comida envasada (conservas, potitos…)
-compresas
-roupa interior sin usar
-leite en po para adultos e bebes
-biberóns
-calcetíns
-mantas
-auga
-comida sen glute

- máscaras e luvas

- botas e zapatos de traballo.

- roupa de traballo.

- roupa para bebés e nen@s.

 

Unha vez rematado o mesmo, engadiremos nesta mesma nova o recadado, faremos o pertinente inventario e explicaremos a loxística de envío e recepción do recadado.

- A recadación foi de 265€, e foi destinada para o centro educativo CEIP ORBA de Alfafar, centro moi afectado pola DANA. Tendes aquí o xustificante de pagamento.

- Premede na ligazón para ver a listaxe con todas as doazóns.

- Dadas as necesidades actuais, as doazóns serán enviadas nas vindeiras semanas a través de AxudaCoruñaValencia.

Samaín 2024

  Aínda que algunhas clases xa empezaron antes coa decoración e outras actividades, desde o 28 de outubro todo o cole se embarca no Samaín (ou Halloween) coa gran exposición de cabazas. Despois, o mércores 30 de outubro celebramos de verdade a festividade. Para ver fotos, premede na imaxe.

Carreira Solidaria 2024

  O venres 25 de outubro tivo lugar a xa tradicional Carreira Solidaria contra a leucemia. O éxito foi rotundo, acadando un novo récord de recadación polo que damos as grazas a toda a comunidade educativa.  A competición celebrouse no pavillón debido ás inclemencias meteorolóxicas. Para ver fotos, premede no cartel luminoso.

Este ano tivemos récord na recadación, chegando ata os 1161,31€.

Tendes aquí o xustificante do ingreso.

 

Teatro 5 anos

  O xoves 24 de outubro os alumnos de 5 anos representaron o conto "Paco Papán" diante dos seus compañeiros do cole. Por se non o sabedes, é a historia dun rapaz non demasiado listo a quen as cousas acostumaban a saírlle mal.

  O espectáculo foi todo un éxito e os actores e actrices recibiron grandes aplausos polo seu desempeño. Se queredes ver algunha foto, premede na imaxe.

Comezo das eleccións ao Consello Escolar

Comezamos co procedemento para a renovación e, polo tanto, elección ao consello escolar.

De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG 18 de setembro do 2024), realizarase proximamente a renovación de membros do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

- O director do centro.

- Un profesor ou profesora.

- Unha nai, pai ou titor/a legal.

- Unha representante do persoal de administración e servizos.

    • O primeiro paso do proceso é a publicación data e hora do sorteo público para a designación dos membros de Xunta Electoral, que será o vindeiro venres 18 de outubro ás 13:50h.

SORTEO PÚBLICO

 

    • Posteriormente, as persoas titulares e suplentes escollidas no sorteo, serán informadas nese día telefonicamente e enviarase circular onde quedarán citadas para o mércores 23 de outubro ás 16:10 na aula de informática do centro para levantar acta da constitución da Xunta Electoral e establecer o calendario de actuacións.

XUNTA ELECTORAL

 

    • Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro, nun principio, o prazo de presentación de candidaturas dos sectores de profesorado, nais/pais e PAS será do 1 ao 8 de novembro.

 

  • Na primeira destas reunións, acordamos as datas e informacións básicas con datas esenciais do proceso (a entregar ás familias o 30 de outubro):

CARTA ÁS FAMILIAS

 

  • Tamén se acordou o día 11 de novembro ás 16:15 horas como o momento do sorteo da mesa electoral, constituída por 4 nais/pais, titores/as legais e o director do centro.

SORTEO DA MESA ELECTORAL

INTEGRANTES DA MESA ELECTORAL

 

  •     Rematado o prazo para a solicitude de candidaturas, engadimos a listaxe cos candidat@s (haberá prazo de reclamacións ata o 13 de Novembro).                   

LISTAXE DE CANDIDATOS

 

  •     Finalmente como informamos a través das cartas ás familias, as eleccións ao Consello Escolar sector familias será o martes 19 de Novembro do 2024 de 16:20 a 20:00.

DATA ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR SECTOR FAMILIAS

 

Engadiremos as seguintes accións unha vez reunidos.

Os pratos da cociña de Ardemiro

  Benqueridas familias, co gallo de achegar a cociña do noso Ardemiro a todas as casas, imos sacarlle fotos a algúns dos pratos que elaboramos. Aos poucos engadiremos máis. 

 Premede na imaxe para ver as deste curso. As do curso 18-19 aquí. Bo proveito!!!

Tamén podedes ver aquí algunhas das receitas:                     PALOMETA CON VERDURAS Á PRANCHA             ENSALADA CÉSAR    TALLARÍNS CON POLO E VERDURAS