Skip to Content

Educación Primaria

CERTAME DE DEBUXO “O baile e os Instrumentos da Música tradicional Galega”

A Tradescola deu a coñecer as e os finalistas do XI Certame de Debuxo para escolares de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria da provincia de Lugo sobre o baile e os instrumentos da música tradicional organizado coa colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial. Esta iniciativa ten a finalidade de potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega e axudar a que coñezan os nosos instrumentos e o noso baile tradicional.

O centro colaborou nesta edición na que houbo moita e moi boa participación, proclamando 10 finalistas entre os colexios participantes, entre eles 3 alumnas do centro: Alba de 2º e Álida e Andrea de 3º. As premiadas recibiron un lote de material didáctico.

Dos debuxos finalistas o gañador foi o de Álida, que entre outros agasallos foi premiada cun concerto de música tradicional da Tradescola para o vindeiro curso 2024/25 do que gozará todo o colexio.

 

Desde o centro dámosvos a en hora boa!

 

 

 

 

 

XORNADA DE BENVIDA IES LEIRAS PULPEIRO (6º PRIMARIA)

O luns 17 de xuño o alumnado de 6º de Primaria acudiu a unha xornada de benvida no IES Leiras Pulpeiro.

Nesta experiencia educativa tan proveitosa para todos os implicados, o noso alumnado gozou de explorar as instalacións do IES, coñeceu a algúns dos profesores e estudantes maiores, e aprendeu sobre a organización e as actividades que ofrece o centro.

Durante a visita,  contaron cunha sesión  de presentación e benvida no salón de actos na que coñeceron ao director e a vicedirectora, pasando tras esta sesión a deleitarse cun concerto no que algúns alumnos e alumnas de 1° de BAC interpretaron diferentes obras acompañados pola profesora de música ao piano, e o secretario ao saxo. 

Tras coñecer aos Mediadores Acompañantes e degustar unha saudable merenda, realizaron sendos talleres de orientación deportiva e papiroflexia.  

A visita foi unha experiencia valiosa que axudou aos alumnos e alumnas a sentirse máis seguros e preparados para dar o siguiente paso na súa educación.

 

VISITA MUSEO PROVINCIAL DE LUGO E AOS CAMPAMENTOS DO ARDE LUCUS (6º PRIMARIA)

O alumnado de 6º de Primaria participou o pasado venres dunha  experiencia educativa sumamente enriquecedora que lles permitiu afondar na fascinante historia da romanización e a convivencia coa cultura castrexa da nosa cidade.

A visita foi unha magnífica oportunidade para que os estudantes coñeceran de cerca o patrimonio cultural e histórico  de Lugo a través  dos vestixios que se conservan no Museo e as recreacións das asociacións Cohors Lucensis e Terra Corpora.

E que mellor forma de unir pasado  presente que visitando o mural de Diego As dende o adarve da nosa milenaria muralla.

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Visita museo e campamentos Arde Lucus

VISITA O LUGO ROMANO (3º PRIMARIA)

Co gallo da celebración do Arde Lucus na nosa cidade e o estudo da Historia, o alumnado de 3º de Ed.Primaria visitou o Museo Provincial, A Casa dos Mosaicos e o campamento romano da Cohors III. O coñecemento físico das fontes materiais que permiten aos historiadores/as investigar o pasado de Lugo, contribuíu a que o alumnado gozase especialmente da aprendizaxe significativa na súa contorna próxima e real e valore e coide o patrimonio que é de todos/as. Do mesmo xeito, formaron parte activa dos festexos galaicorromanos que conmemoran o pasado da cidade e acudiron caracterizados/as ás visitas.

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Saída Museo, Casa Mosaicos e campamento

VISITA CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO ALTO MIÑO EN FONMIÑÁ (5º PRIMARIA)

O mércores 12 de xuño A Pastoriza  inagurou o centro de interpretación do Alto Miño en Fonmiñá acompañados dos alumnos/as de 5º Primaria do CEIP Menéndez Pelayo, os do CEIP Anexa de Lugo e os do CEP Menéndez Pidal de Bembibre, participantes no proxecto "Gústame o meu río, ensíname a coidalo", do curso escolar 2023-2024.

As autoridades estrearon o novo centro, que conta con seis paneis explicativos e 16 fotografías da fauna e a flora máis representativa da contorna. A inauguración contou con diversas exposicións dos traballos realizados polo alumnado participante.

 El Progreso 12/6/2024

 

 

SECCIÓNS BILINGÜES

Participan neste Programa, o alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria. O obxectivo do mesmo é a comunicación e a comprensión do idioma inglés, dun xeito natural e creativo a través da materia de Plástica e coa axuda dun auxiliar de conversa, este curso de orixe india.

Este ano académico coñecemos a Yayoi Kusama, a técnica do Whirligig paper, celebramos Halloween/ Samaín, Christmas, Carnival, o Día do Libro; conmemoramos as festividades de India, Holi e Diwali e fixemos un fashion show. Intentamos usar, na medida do posible, materiais reciclados e a aula de Polos Creativos do centro.

 

EXCURSIÓN CASTRO VILADONGA (3º PRIMARIA)

O alumnado de 3º de Ed.Primaria visitou este mércores o Castro de Viladonga, un dos poboamentos galaico-romanos máis importantes do noroeste peninsular. Aproveitando os contidos curriculares da área de Ciencias Sociais, traballamos o tempo e o pasado histórico para coñecer a orixe dos nosos ancestros/as e quen somos no presente: cultura castrexa e romanización. A forma de vida no castro, a visita ao museo e un obradoiro sobre o lume prehistórico fixeron da mañá unha experiencia moi didáctica e divertida.

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Castro de Viladonga (3º primaria)

UNIDADE DIDÁCTICA: "DETERIORO DO GALEGO"

O alumnado de 3º B realizou unha Unidade Didáctica sobre o deterioro do galego como lingua propia na que levaron a cabo, entre outras actividades, enquisas sobre o uso do idioma dentro do propio grupo. Tamén deseñaron carteis para animar a usalo e en homenaxe a Luisa Villalta. Contos e poesía amenizaron as sesións de hoxe día 16 de maio, tanto elaborados polo propio grupo como polo alumnado de 5º de Educación Primaria que nos visitou e recitou as súas creacións.

Feliz día!

 

TORNEO DE BÁDMINTON CEIP MENÉNDEZ PELAYO

Entre as dúas últimas semanas de abril e a primeira de maio tivo lugar o primeiro torneo de bádminton no colexio Menéndez Pelayo. Os participantes foron os alumnos e alumnas de 5º e de 6º de Educacdión Primaria e realizouse durante os recreos. A participación foi masiva, tendo un total de 82 participantes que xogaron por parellas. O torneo foi un éxito, xa que foron semanas de emocións, compañeirismo e moita ilusión. Creouse unha gran expectación, xa que sobre todo nos últimos partidos houbo unha gran afluencia de espectadores, animando sen parar aos e ás finalistas.

 

 

 

SAÍDA CASTRO DE VILADONGA (4º PRIMARIA)

O día 24 de abril os nenos/as de 4º de Primaria viaxaron ao pasado, visitando o "Castro de Viladonga", o museo e fixeron un taller de cerámica...Eles xa sabían moitas cousas da época castrexa, pero o máis chulo de todo foi ver todo o aprendido in situ, foi unha experiencia inesquecible...

 FAI CLIC 

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Saída Castro Viladonga (4º primaria)
Distribuir contido


by Dr. Radut