Skip to Content

Educación Infantil

VERMES DE SEDA EN INFANTIL

Coa chegada da primavera saíron os vermiños dos ovos. En Infantil encargámonos de coidalos dándolles follas da moreira, xa que é o seu alimento. Non paraban de comer e fixéronse moi grandes. Durante semanas todos os grupos observamos  como se transformaban ata convertirse en bolboretas.

Foi unha experiencia de aula moi motivadora!

 SEMANA DO LIBRO CONTACONTOS

(venres 19 de Abril Doris Paz)

PROXECTO: "POLIÑOS" ( 3 ANOS)

Os alumnos/as de 3 anos do cole traballamos o proxecto dos poliños grazas á colaboración da granxa Avimós e aos seus ovos das galiñas de Mos.

Nas aulas tivemos incubadoras con ovos recreando as condicións nas que as galiñas incuban os ovos na natureza. Aos 10 días xa se podían ver no ovoscopio os poliños dentro da casca e aos 21 días dende o inicio comezaron a nacer. Estiveron unhas semanas na aula mentres seguiamos investigando que comen, as partes do seu corpo, a súa pel... e ata plantamos os arredores dunha granxa aproveitando a chegada da primavera.

 

Deixamos un pequeniño vídeo resumo destes últimos meses nas aulas.

CONCERTO INSTRUMENTOS TRADICIONAIS (EDUCACIÓN INFANTIL)

Hoxe día 7 de xuño A Tradescola, centro de ensino da música, do canto e do baile tradicional galego xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, quixo achegar ao alumnado de Infantil á música tradicional coñecendo diferentes instrumentos. Permitindo ao alumnado adquirir unha formación na música e no baile tradicional e difundindo a nosa cultura.

 

 

EXCURSIÓN MARCELLE (5º / 6º INFANTIL E 4º PRIMARIA)

O alumnado de Infantil e de 4º de Primaria visitou Marcelle Natureza o día 4 e 6 de xuño. O centro, que acaba de ser recoñecido como centro de rescate, ensinounos a importancia de coidar o medio no que vivimos, respectar o hábitat de cada especie e que non debemos de interferir na vida dos animais salvaxes. 

Explicáronnos porque están nese centro os animais en vez de na natureza. E vimos que o ser humano ás veces fai moito dano, pero que tamén hai xente que adica a súa vida a coidar dos animais e da natureza. 

 

Pasamos un día moi bonito e desfrutamos un montón.

 

FESTA DOS MAIOS

O venres 24 de maio dentro da programación do horto escolar, en 5 anos celebramos a festa dos Maios. Vestímolo de flores, cantamos, bailamos e tocamos instrumentos de percusión.

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Maios

DÍA DA FAMILIA (15 MAIO)

Hoxe día 15 de maio celébrase o día da familia e en Infantil traballámolo xa que nos convida a tratalo desde a diversidade e a igualdade. Así a diversidade de estruturas familiares en todo o mundo e a promover o vínculo dos seus integrantes.

Temos que ter en conta que "Hoxe en día non hai unha definición universal de familia, a importancia non radica en quen a conforma senón en como se conforma: os seus valores, rituais, acordos, tipo de educación e os vínculos que nela se tecen".

Nas aulas traballouse por medio de diferentes contos, tamén se realizaron pequenas manualidades para as familias.

 

FELIZ DÍA A TODAS AS FAMILIAS!

 

 

 

FAI CLIC

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Día da familia

PLANTAMOS "O NOSO XARDÍN" (PROXECTO 3 ANOS OS POLIÑOS)

Os alumnos/as de 3 anos tamén pintaron a súa granxa e plantaron o xardín que lle rodea para coñecer así o mundo dos animais e en especial o dos pitiños que teñen na aula.

 

 

Ilustración de Vector Ilustración De Una Cámara De Fotos De Dibujos ...

PLANTAMOS "O NOSO XARDÍN " (4 ANOS)

Os alumnos/as de 4 anos o venres 3 de maio comezamos o "mes das flores" coa nosa plantación de céspede. Plantación moi especial, porque cada un pintou e decorou a súa casiña e agora fáltalle o seu xardín esperamos que pronto creza para ver o resultado.

FAI CLIC

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Plantación "O xardín da nosa casiña" (4 anos)

PROXECTO 3 ANOS: "POLIÑOS"

Os  alumnos/as de 3 anos están a traballar no proxecto "Os Poliños" e no día de hoxe á súa chegada á aula atopáronse cunha gran noticia "O nacemento dos primeiros pitiños". Mañá esperan a chegada dalgún máis.

Deixámosvos as primeiras imaxes dos novos compañeiros/as de aula. 

lindo pollito de dibujos animados nacido de un huevo aislado en un ... 

 

SEMANA DO LIBRO: CONTACONTOS "A EIRUGA IMPACIENTE"

O venres 19 de Abril os alumnos/as de Educación Infantil ao longo da mañá tivemos a visita dun contacontos (Doris Paz), para iniciar a seguinte semana a celebración do Día do Libro, o conto titulábase "A Eiruga Impaciente".

Ademais puidemos ver e explorar as eirugas tocándoas e observándoas cunha lente, do mesmo xeito que cada un de nós démoslles para comer follas de moreira.

 

PASÁMOLO XENIAL!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut