Durante a xornada do día 16 celebramos as nosas Letras e con elas a vida e obra de Luísa Villalta.
Ao longo da mañá os diferentes grupos foron amosando o froito do traballo dos últimos días: teatro, cancións, recitados, e como non a biografía da homenaxeada.
Aproveitamos tamén para entregar os trofeos do torneo de bádminton.
Foi unha xornada dinámica, divertida
e de convivencia desta gran familia que somos.