ECO-ENTROIDO 2022
Aquí vos deixamos un pequeno recordatorio do noso Entroido deste ano.Con poucos materiais, e moitos deles reutilizados; logramos poñer unha nota de cor e orixinalidade ao noso percorrido polas principais rúas da vila, recuperando deste xeito o tradicional desfile; tras dous anos de parón por mor da crise sanitaria.