EXPERIENCIAS FÓRA DA AULA (1º TRIMESTRE)
Despois de case dous cursos, empezamos a retomar as saídas complementarias e extraescolares.
No mes de novembro, o alumnado de 5º e 6º de primaria realizou unha visita aos Museos Científicos Coruñeses (Domus, Aquarium Finisterrae e Casa das Ciencias), aproveitando a gratuidade das entradas a ditos museos e como complemento ás actividades realizadas no centro para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego.
Unha xornada de convivencia frutífera, onde o tempo acompañou e os coñecementos se enriqueceron.
Podedes ver máis imaxes na galería.
O 10 de decembro, foron os alumnos e alumnas de 5º/6º de educación infantil e 1º/2º de educación primaria; os que desfrutaron dunha xornada de cine no Centro Comercial "As Termas".
A película elixida: Encanto, un musical/comedia que nos sitúa nas montañas de Colombia e que ten como protagonista á familia Madrigal.
De sobra está dicir que voltaron "encantad@s"
Pero tamén houbo ocasión de facer (non só unha, senón dúas) visitas á Oficina de Correos da localidade.
En primeiro lugar, os nenos e nenas de educación infantil, que levaban unhas postais elaboradas por eles mesmos; e destinadas a alguén moi especial!!!!
E na xornada do día 20; o alumnado de 5º de educación primaria entregou na mesma oficina, as cartas que cadaquén escribiu para alguén que; por suposto, non imos desvelar...