Skip to Content

    

   

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As alumnas e alumnos do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz súmanse un ano máis á loita contra a Violencia de Xénero, sen dúbida unha das grandes problemáticas sociais que asola a nosa sociedade.

Este 25 de novembro de 2020, coordinados polo Equipo de Biblioteca, as alumnas e alumnos do noso centro colaboraron na creación dun mural reivindicativo baixo o lema 'Deixádenos voar'. Nas diferentes bolboretas que tiraban desas catro mulleres que aparecían na imaxe pódense ler mensaxes como: 'Non lles metas pedras no bolsillo', 'Podes cumprir os teus soños', 'Podemos compartir', 'Eu elixo o que quero ser', 'Si lo puedes soñar lo puedes conseguir', ...

Na galería fotográfica deixamos unha escolma deste extraordinario traballo, que desexamos, permaneza na nosa memoria alén do 25 de novembro.

20201125_130859.jpg



book | by Dr. Radut