tel: 886 151 371 / email: ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.gal / 42°26'36.1"N 8°46'48.1"W
ACTIVIDADE: SAÍDA EN COMUNIDADE
O vindeiro sábado 27 de abril proponse realizar unha nova saída en comunidade, nenas, nenos, familias e profesorado. Desprazarémonos a Viana do Bolo.
O día mencionado celébrase nesta vila a "MASCARADA IBÉRICA 2024". Trátase dunha ocasión única para contemplar en vivo máscaras e personaxes orixinais do entroido. Ademais estarán presentes outras moitas representacións do resto da península: Portugal, Cantabria, Euskadi, Navarra, Castela León, Extremadura, etc.
Un dos obxectivos do entroido da nosa escola é achegar ao alumnado á gran variedade e riqueza de entroidos tradicionais que existen en Galicia.
Animamos a todas as persoas que teñan interese e curiosidade por coñecer máis sobre esta festa do ciclo anual a participar desta actividade.
PREZO: 10€/persoa.
SAÍDA: 09:30 h (regresaremos a última hora da noite).