No DOG do venres 19 de maio publícase a convocatoria do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, así como a convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2º de Educación Primaria e tamén para material escolar na etapa de Primaria para o vindeiro curso.
A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces: FONDO DE LIBROS e SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia. Tamén pode presentarse na secretaría do centro en horario de luns a venres de 9:15 a 11:00h e de 12:00 a 13:30h e os luns de 16:00 a 18:00 horas.
Para evitar viaxes innecesarias ao centro é importante que revisen que tanto a documentación coma as sinaturas de todos os membros computables da unidade familiar estean completas.
PRAZOS e DATAS DE INTERESE:
Prazo máximo para a devolución dos libros de texto do curso 2022-2023: 21 de xuño de 2023.
Presentación de solicitudes: dende o 20 de maio ata o mércores 21 de xuño de 2023.
Publicación das listaxes provisionais: 28 de xuño de 2023.
Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 29 e 30 de xuño de 2023.
Publicación das listaxes definitivas: 3 de xullo de 2023.
Entrega de vales: 5 e 6 de xullo de 2023 en horario de 10:00 a 13:00 horas na secretaría do centro.
Entrega de libros do fondo solidario: Estableceranse datas no mes de setembro para a entrega dos libros adxudicados polo fondo así como dos vales ás familias que non os puidesen recoller en xullo. As datas de entrega serán publicadas en setembro na páxina web do centro e a través da aplicación abalar.
Novidades: Na circular adxunta recóllense as novidades en canto incremento das partidas, tanto para os libros de texto como para o material escolar, así como a creación dun novo vale de material.