Skip to Content

PREMIO ALIANZA STEAM POLO TALENTO FEMININO: NENAS EN PÉ DE CIENCIA

 

  

O sábado 11 de febreiro, coincidindo co Día Internacional da muller e a nena na ciencia, o noso centro recolleu o 3º premio da Alianza Steam polo talento feminino, nenas en pé de ciencia, polo poroxecto desenvolvido o pasado curso: Mulleres que abren camiño.

Estes premios da Alianza Steam polo talento feminino inscríbense na vontade de romper os estereotipos e pechar a fenda de xénero existente nas disciplinas STEAM (Ciencia, TEcnoloxía, Artes e Matemáticas).

O acto contou coa presenza da Ministra de Educación e Formación Profesional, a Ministra de Ciencia e Innovación e a primeira muller astronauta española Sara García Alonso. 

 



paxina | by Dr. Radut