Reapertura do prazo de admisión de alumnado
No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a dirección do centro informa do seguinte:
- O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10 a 13:30 h. na secretaría do colexio.
- A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio. (Recoméndase entregala do 11 ao 18 de maio)
- Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido o 8 de xuño.
- Reclamacións do 9 ao 11 de xuño en horario de 10 a 13:30 h. na secretaría do colexio.
- Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.
- Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo
NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO COLEXIO
- Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.
- Deberá acceder ao interior do edificio portando mascarilla protectota, tamén dentro do posible.
- Seguir indicacións na entrada, e manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto.
NOTA IMPORTANTE: O colexio abre o luns 11, exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites, por favor, utilizar o teléfono 981262612 ou o correo electrónico: ceip.maria.barbeito@edu.xunta.gal