LIBROS DE TEXTO 2016/17
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
A Consellería de Cultura, Educación e O. U. publica con data do 16/05/2016, a orde pola que se regula a participación no
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e se convocan AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E
MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros
sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.
O vindeiro curso 2016/17 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en
3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Nos restantes cursos – 1º e 2º de Educación Primaria - funcionarán as Axudas para
a adquisición de libros de texto. No caso do Material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas
ao alumnado matriculado na Educación Primaria, ESO e Educación Especial.
Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no Diario Oficial de Galicia, no enlace seguinte:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioG0164-040516-0005_gl.html
As tres modalidades (fondo, axudas para a adquisición de libros e axudas para a compra de material escolar)
intégranse nunha mesma convocatoria, facilita e simplifica a tramitación para as familias, dado que só será preciso presentar
unha única solicitude por centro e familia, incluíndo nela a todos/as os/as fillos/as que estean escolarizados nel.
En consecuencia, a documentación só se ten que presentar unha vez.
Poden descargar a solicitude (Anexo I) Aquí
Tamén no portal da Xunta de Galicia, neste enlace da sede da Xunta de Galicia
O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día 18 de maio e remata o 23 de xuño de 2016.
Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario,
ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros, ben utilizados do
mesmo fondo o ano pasado, ben adquiridos con cargo á convocatoria de axudas para a compra de libros de texto.