Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

INSTRUCIÓNS SOBRE O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA AMPLIACIÓN DE EXISTENCIAS

Aprezadas familias: 

Recentemente recibimos por e-mail novas instruccións da Dirección Xeral de Centros sobre o Fondo Solidadrio de Libros:

Ao obxecto de ampliar o nivel de cobertura do fondo solidario de libros de texto, regulado

pola Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño), e garantir que o alumnado admitido

con renda per cápita incluída nos mesmos tramos que as axudas poida dispoñer de libros de

texto a través do fondo, os centros deberán adquirir os libros de texto que complementen os

xa existentes no fondo. 

A adquisición realizarase con cargo á partida de gastos de funcionamento para o alumnado

admitido cunha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €

Con carácter xeral, e tendo en conta os tramos de renda e os importes das axudas, fíxase o

seguinte número máximo de libros a adquirir por cada alumno/a, segundo a o tramo de

renda per cápita no que se encontre:

Renda per cápita ata 5.400 €: 6 libros.

Renda per cápita desde 5.400,01 € ata 9.000 €: 4 libros.

Neste momento estamos xestionando a compra dos libros que farían falla para completar os lotes de libros que correspondan segundo a listaxe que nos facilitan ás familias admitidas pero que quedaron sen libros ou ás que non lle corresponderon todos os que deberían.

Irémosvos informando das novidades que se produzan e dos libros adquiridos para que non os teñades que mercar.

Lamentamos as molestias que vos poida ocasionar esta situación.

 



page | by Dr. Radut