Skip to Content

DÍA DA PAZ

Co motivo da celebración do día da Paz o 30 de Xaneiro decoramos o noso colexio con símbolos como pombas, letras, medallóns... Creamos un ambiente tranquilo e cheo de cor.

Todos estivemos conectados participando nunha gran rede cos nosos nomes.

E por fin desfilamos por unha gran pasarela amosando as redes.

Culminamos esta celebración cantando a canción: "Los niños queremos la paz" que despertou en todos unha sensación de tranquilidade. Ao mesmo tempo amosamos as nosas pulseiras que diseñamos para este día tan especial.

AdxuntoTamaño
DSC01496.JPG2.21 MB


story | by Dr. Radut