Skip to Content

O MAGOSTO

Érase unha vez alá polo mes de Outubro cando os nenos e nenas do Ceip Mar de Fóra celebraban a festa do Magosto.

Todos atopábamonos moi ledos realizando os preparativos para este evento.

Os nen@s percorreron os montes e as leiras de Fisterra, na procura de produtos típicos do outono e viñeron cargados de landras, noces e millo.

Penduraban do teito castañas, landras, uvas e cabazas para celebrar a chegada do outono.

E por fin a xogar todos xuntos cunha morea de xogos populares!!!

Por grupos iamos rotando por cada un deles. Que divertido!!!

E para rematar convidamos aos nen@s e aos seus papás á degustación de castañas e zume. 


O MAGOSTO


image | by Dr. Radut