Skip to Content

Nadal 2015

  O venres 18 de decembro tivo lugar o tradicional festival de Nadal, ao que precederon días de intensa ambientación e preparación. O colexio enteiro vestíra e de Nadal nas dúas semanas anteriores (como exemplo podedes ver como quedou decorada a biblioteca no album de fotos – só tedes que premer en calquera das fotos de abaixo) e ese día todo foi emoción e alegría polo comezo das ben merecidas vacacións despois dun longo trimestre de traballo.

 

  Cada curso preparou unha actuación. Os pequenos, vestidos de vacas (ese é o proxecto que andan a traballar) cantaron a “vaca lechera” e tocaron outra peza con moita gracia. Os de 1º apareceron de duendes e axudaron a Papá Noel a atopar os seus calzons mentres bailaban. Os nenos e nenas de 2º prepararon unha elaborada coreografía. Os de 3º cantaron, e os de 4º bailaron e interpretaron unha peza na flauta. Os de 5º transmitíronnos unha fermosa lección sobre o verdadeiro valor das persoas a través dun divertido teatriño sobre un “talent show”. Os de 6º, ademáis de tocar a flauta, rendiron un sentido e simpático homenaxe a Freddie Mercury ao ritmo da súa propia música.

 

  Despois seguiron a rifa da cesta de Nadal, que non tocou a ningún profesor, e a entrega de premios do concurso de postais de Nadal. Os gañadores foron: Germán (EI), Ainara (2º) e Lucía Valdomar (4º). O festival rematou coa visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que repartiron caramelos xenerosamente. Despois, xa no patio, todos os asistentes foron invitados a un chocolate quentiño.

Aquí tes unhas poucas fotos. Se as queres ver todas, preme aquí ou en calquera das fotos.

 

   
     
     


story | by Dr. Radut