BOLSAS NEAE 2024-2025
ATA CANDO É O PRAZO?
Dende o pasado 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024, está aberto o prazo para solicitar as bolsas para o alumnado con Necesidade específica de apoio educativo (NEAE).
En caso de que o teu fillo/a cumpra os requisitos e vaias solicitar dita axuda antes de que remate o curso, contacta con Natalia (orientadora), ben chamando ao teléfono do centro ou ben no teléfono do Departamento de Orientación: 881880660.
QUEN SON OS DESTINATARIOS DAS AXUDAS?
- A) Axudas directas para os alumnos, incluindo ao alumnado TDAH (Trastorno por déficit de atención e hiperactividade), derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conducta ou trastornos graves de comunicación e da linguaxe asociadosa necesidades educativas especiais.
- B) Alumnado con Trastorno de espectro autista (TEA).
- C) Discapacidade ou trastornos graves de conducta ou trastornos graves e comunicación e da linguaxe asociadosa necesidades educativas especiais para familias numerosas.
- D) Alumnado con Altas Capacidades.
CÓMO CUBRO A SOLICITUDE?
A solicitude cúbrese de modo telemático nesta ligazón: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109
No portal de becas de educación tedes os pasos a seguir á hora de cubrir o formulario: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html
QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE APORTAR?
A documentación que debedes traer ao centro, tras cubrir a solicitude telemática:
- Solicitude impresa
- Informe cuberto do gabinete
- Fotocopia de certificado de discapacidade igual ou superior ao 25 % (se ten) ou informes médicos.
- Fotocopia dos DNI de todos os membros da unidade familiar
- Fotocopia da conta bancaria na que conste como titular ou cotitular o alumno/a que solicita a bolsa.
Unha vez que a solicitude esté revisada, con todos os apartados ben cumprimentados e a documentación necesaria, entregaráseche no centro o resgardo selado, que servirá como xustificante de que presentaches a solicitude en prazo.
NON ESQUECER ASINAR TODOS OS APARTADOS, SOBRE TODO:
- Asinar para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas (páxina 1).
- Asinar todos os membros da unidade familiar no apartado “A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES”.
Debaixo desta publicación, inclúese unha infografía como ficheiro adxunto no que podes visualizar os pasos a seguir.