Fondo solidario de libros e axudas económicas. Curso 2024/25
No DOG do venres 20 de maio de 2024 saiu publicada a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria, e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B)
Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
♦ Forma de presentación de solicitudes:
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.
♦ Resumo do fondo e axudas:
♦ Prazos establecidos na convocatoria:
AVISO IMPORTANTE:
Todas as familias que solicitaron praza neste centro están ADMITIDAS.
O período para formalizar a matrícula será do 20 o 30 de xuño.
Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño
Para formalizar a matrícula deberanse presentar na secretaría do centro:
- 2 fotografías tamaño carné
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
Admisión de alumnado para o curso 2024-2025.
Información do proceso de admisión para o vindeiro curso
NORMATIVA
- No Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, (DOG núm. 29, do 11 de febreiro).
- Na Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro 2022, (DOG núm. 212, do 8 de novembro)
- E así mesmo, no Acordo do 11 de outubro de 2023 sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da comunidade autónoma de Galicia, no que sexa aplicable.
Presentación da solicitude de admisión no colexio: do 1 ao 20 de marzo
Entregarase persoalmente no centro ou na sede electrónica da Xunta a seguinte documentación:
- Se solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e académica do centro de orixe.
O impreso de solicitude de admisión pode cubrirse á man ou informáticamente na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Deberá estar asinado polos dous proxenitores
Pódense facer constar ata 6 centros por orde de preferencia, entregando unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.
Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente ás solicitudes anteriores ao presentar a nova.
A presentación dunha solicitude é vinculante e implica a declaración de que son certos os datos incluídos nela.
No caso de que a solicitude estivese correctamente cumprimentada e o número de solicitudes presentadas fose inferior ao número de prazas ofertadas polo centro, o/a alumno/a aparecerá na listaxe provisional de admitidos que será publicada antes do 25 de abril.
Presentación da documentación para o baremo
No caso de que o número de solicitudes de admisión superase ao de prazas ofertadas, as prazas serán asignadas mediante unha baremación.
O prazo para entregar a documentación que acredite os criterios alegados por cada solicitante será de 10 días hábiles contados dende o 21 de marzo.
CRITERIOS E PUNTUACIÓN PARA O BAREMO
Publicación das listaxes provisionais de admitidos: 25 de abril
Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.
Reclamacións: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación.
Publicación das listaxes definitivas de admitidos: 15 de maio
Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.
Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño
Para formalizar a matrícula deberanse presentar na secretaría do centro:
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
OFERTA DE PRAZAS
Etapa |
Curso |
Prazas ofertadas |
E. Infantil |
4º (3 anos) |
17 + 3 (NEAE) |
|
5º (4 anos) |
3 |
|
6º (5 anos) |
11 |
E. Primaria |
1º |
8+ 3 (NEAE) |
|
2º |
9 |
|
3º |
1 |
|
4º |
10 |
|
5º |
4 |
|
6º |
0 |