Ao longo do mes de abril, desenvolveuse no centro un obradoiro de xogos populares baixo a coordinación do fantástico "Lito" da fundación Xaquín Lorenzo e coa colaboración da Deputación de Ourense.
Desenvolvéronse dúas sesións, unha de peóns e outra de tabas, nas que participou o alumnado de 5º e 6º curso.
O peón, buxaina, bailarina, sevillana... é un xoguete feito de varias clases de madeira torneada, que leva na súa punta un cravo de ferro para que vire con xeito.
Para bailar o peón enrólase unha piola ou baraza (cordón) sobre a capa ou barriga deste. A piola pódese enrolar de distintos xeitos.
Ademais de lanzar o peón, coñecimos diferentes xogos que se poden facer con eles despois de aprender a bailalo.
Para xogar coas tabas, precisamos tamén para xogar unha pelota, pequena, que colla na cunca da man, e logo de establecerse a vez da xogada, comeza o primeiro participante lanzando as tabas sobre o chán ou unha mesa, ó chou.
Lanzada a pelotiña ó ar, débese coller unha taba e logo a pelota (coa mesma man) antes de que esta bata no chan.
Ambas sesións, resultaron moi entretidas e divertidas. Todos os participantes solicitaron que se volvesen a repetir canto antes.