Skip to Content

Ed. física

Tarxeta vermella á soidade

 

Para traballar o  PDI da biblioteca que este ano está adicado as emocións, dende a área de Educación Física  fixémolo a través da lectura do libro “El sueño de Iván”, un libro a través do cal ademais de promover o fomento da lectura nos adentramos nas distintas emocións que un deporte como o fútbol nos pode transmitir, tentando saber porque se producen os negativos e como podemos na maneira do posible controlalos ou evitar que se produzan. Como é posible que alguén se sinta so se pertence a un grupo? Que sentimos cando somos os últimos que nos escollen? E outras moi positivas como as ganas de participar nun deporte colectivo cos meus compañeirxs, a alegría de entre todos poder acadar unha meta común.

As actividades que levamos a cabo no inicio do terceiro trimestre foron:

  • Elaboración de tarxetas cos emojis en lingua inglesa.
  • Cada neno/a escolleu unha e representou unha vivenza relacionada co deporte no que sentira dita emoción.
  • A corda cooperativa. Para traballar a importancia do grupo e a súa colaboración como tal porque se un vai contracorrente ou falla non vamos ser capaces de conseguir o obxectivo.
  • Fixemos unha tarxeta vermella xigante composta de outras tarxetas vermellas máis pequenas onde escribimos as emocións negativas que queremos eliminar. E pola outra cara as emocións que nos parecen positivas que xera o deporte.
  • Visionado e reflexión do corto l`e petit equipe, debate sobre el.
  • Elaboración de dorsais coas emocións positivas.
  • Xogamos un partido de fútbol tentando levar a cabo todos eses valores positivos.

Retos en Ed. Física

Dende a área de Educación Física, neste último trimestre estamos a propoñer unha serie de divertidos retos, que no seu inicio nos costarán un pouquiño pero que con práctica, ademais de pasalo ben, conseguiremos realizalos!

Ánimo!!

Reto do aro

Sentarse sen apoiar as mans

Alimentes Gadis

Hoxe fixemos entrega a todo o alumnado  do agasallo que nos fixo chegar a empresa “Gadis” dentro do seu programa “Alimentes Gadis” para a promoción da alimentación e estilo de vida saudable.

Lembrando a importancia da práctica habitual de actividade física máis alimentación.

Xogos populares

O 25 de marzo voltamos a disfrutar no noso centro da presencia de Lito, membro da Fundación Xaquín Lourenzo, que é a persoa de Ourense que máis está a facer pola recuperación dos xogos cos que se divertían os nosos antepasados.

Nesta ocasión, por mor do COVID, só puido gozar coas actividades que nos propuxo o alumnado de 6º de Ed. Primaria. Foron varios os xogos practicados, como se pode observar na galería de imaxes:

  • Zancos.
  • Peonzas.
  • Aros.
  • Xogos con chapas.
  • Enredos...

As dúas horas que durou o obradoiro pasáronse rapidísimo.

 

 

Practicando bádminton

Ao longo do segundo trimestre o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria estivo practicando bádminton nas clases de Educación Física.

Na última semana fíxose entrega de diplomas a todas as persoas participantes por ter superado con creces os abxectivos propostos:

  • Alumnado de 4º de Ed. Primaria.

  • Alumnado de 5º de Ed. Primaria.

  • Alumnado de 6º de Ed. Primaria.

Despedida do profesorado de prácticas

Hoxe tocou despedir ás tres mestras de prácticas que nos acompañaron no traballo escolar ao longo destes meses tan peculiares por mor da pandemia. Foron moitas as bágoas que se derramaron nas aulas e no corredor do colexio… motivo polo cal se teñen que sentir orgullosas e satisfeitas xa que é o mellor indicativo de que deixan pegada no noso alumnado, e mesmo no profesorado.

Desde aquí queremos agradecerlles o seu bo facer e a súa excelente disposición ao traballo cos nenos e nenas, e felicitámolas por todo o traballo desenvolvido neste período de tempo.

Esperamos e desexamos que todo lles vaia ben e que nun futuro próximo volvan ao centro como novas compañeiras do noso claustro.

Vídeo resumo do curso 2019/2020

Vídeo resumo das actividades realizadas ao longo do curso 2019/2020.

Esperamos que vos guste!!

Retos de Ed. Física

Retos de Ed. Física para realizar na casa durante o tempo que dure o confinamento por mor do covid-19.

Cada semana un reto!!

Anímate a participar e achéganos o teu vídeo a ceipmsueiro@gmail.com!!

Reto 7: Torre de papel

RETO 6

MIS PELUCHES

RETO 4: RETO DO PAPEL

RETO 2 " do pau" e RETO 3 "Sen mans"

RETO 1 DA ZAPATILLA

Educación Física

Aquí ofrecemos recursos e materiais para traballar esta área. Para achegar os vosos traballos e retos, ou pórse en contacto coa profe, podedes empregar o seguinte correo ceipmsueiro@gmail.com

Cada semana un reto.

A ver se es quen de conseguilo!!

 

PREME AQUÍ PARA VER OS VÍDEOS DOS VOSOS RETOS

 


EDUCACIÓN INFANTIL



1º ED. PRIMARIA



2º ED. PRIMARIA



3º ED. PRIMARIA



4º ED. PRIMARIA



5º ED. PRIMARIA



6º ED. PRIMARIA



EXERCICIOS INTERACTIVOS NA AULA VIRTUAL


Como complemento a estas actividades poderás practicar cos exercicios interactivos da aula virtual do cole

Para acceder aos recursos deberás entrar como convidado.

 

Xogando en Ed. Física

Ao longo dos meses de inverno realizamos nas clases de Ed. Física varias sesións de xogos tradicionais de Galicia aos que xogaban cando eran cativos os nosos pais e nais.

Estes xogos tradicionais, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo.

Asemade, posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.

Con estas actividades preténdese, como fin principal, divertir e entreter aos nenos e nenas no seu tempo de lecer.

Pasámolo xenial!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut