Proxectos

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Dia das bibliotecas

Nun emocionante acto que reuniu ao alumnado, profesorado e persoas afeccionadas á lectura, a Biblioteca do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro celebrou con éxito, hoxe 24 de outubro o Día das Bibliotecas Escolares. Este día converteuse nun día inesquecible para fomentar a lectura e o amor polos libros entre os nenos e nenas do noso cole centrados no horto escolar e nos bos hábitos de alimentarios.

A nosa horta transformouse nun auténtico paraíso literario para celebrar este día tan especial. Os alumnos e alumnas dde todo o colexio vestiron os traxes de diversos personaxes da nosa horta escolar pasando polo teatro grego e rematando cunha bonita canción do noso coro.

As actividades comezararon a primeira hora da mañá coa representación dun contacontos levada a cabo por "Sabela Gago" coa obra O señor do castelo, na que relata a historía duns fantamas que chegaron a un castelo máxico.

Ademais, a biblioteca ofreceu unha ampla selección de novos libros que pasaron a encher as Mochilas viaxeiras que o alumnado de todo o centro levará por quendas para ler nas súas casas.

A xornada culminou cunha representación teatral do alumnado do colexio centrada no PDI Anual "No Sueiro plantamos as sementes dunha convivencia diversa e multicultural, para recoller os seus froitos no noso horto escolar" no que as persoas protagonistas das obras ían facendo un percorrido por cada unha dos traballos que realizarán cada unha das aulas: xerminación, códigos QR, plantas aromáticas, plantas sanadoras, denominación de orixe, hotel de bechos e a importancia dos hortos escolares na Axenda 2030.
A celebración do Día da Biblioteca Escolar no CEIPP Manuel Sueiro non só promoveu a importancia da lectura, senón que reforzou o vínculo entre a comunidade escolar e a biblioteca. Este evento deixou unha impresión duradeira no corazón e na mente dos alumnado, inspirándoos a continuar a súa viaxe literaria e explorar novos mundos a través dos libros.

A biblioteca do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro segue a desempeñar un papel fundamental na educación dos nenos e nenas, e eventos como este subliñan a súa aposta polo fomento da lectura e a aprendizaxe permanente.

Galeria_fotos

PFPP CEIP Manuel Sueiro 2019/2020

No curso 2019/2020, o CEIP Manuel Sueiro realizamos un PFPP con dous itinerarios: un de TIC e outro sobre a Biblioteca.

Nas seguintes ligazóns teredes acceso ao traballo desenvolvida en cada unha das actividades de formación que realizamos (podes entrar nos cursos da aula virtual accendo como "Convidado":

 

 

Froita fresca na escola

No curso 2017/2018 volvemos a participar no programa "Froita fresca na escola" organinado pola Consellería de Educación en colaboración co FOGGA e Fondo europeo de garantía agraría.

Este actividade está incluída dentro do programa do Plan Proxecta "Aliméntate ben".

O obxectivo principal desta actividade estivo relacionado coa oferta a todo o alumnado do centro de froita fresca ao longo de catro semanas do curso. Dúas foron ipartidas antes de Nadal e aoutras dúas a final de curso.

Visto o éxito e aceptación do programa por parte de toda a comunidade educativa, para o próximo curso voltaremos a participar nel.

 

 

Chefs saudables de quinto

O alumnado de 5º de Ed. Primaria, este curso, participou no concurso de Chefs saudables que convocou a Consellería de Sanidade.

Entre todos e todas elaboraron, coa axuda dos mestres, unhas receitas que eles mesmos buscaron nos fondos da nosa biblioteca.

Para mercar os produtos fixemos unha saída a un supermercado que hai no barrio do cole.

Para elaborar o menú utilizamos as instalacións, aparellos e utensilios que hai na cociña escolar.

O resultado das nosas creacións podédelos ver nos seguintes vídeos:

Ensalada de fabas con emulsión de módena

GALERÍA DE IMAXES

 

Chefs saudables de segundo

O alumnado de 2º de Ed. Primaria, este curso, tamén participou no concurso de Chefs saudables que convocou a Consellería de Sanidade.

Todo o alumnadol elaborou, coa axuda dos mestres, unhas receitas que eles mesmos buscaron nos fondos da nosa biblioteca.

Para mercar os produtos fixemos unha saída a un supermercado que hai no barrio do cole.

Para elaborar o menú empregamos as instalacións, aparellos e utensilios que hai na cociña escolar.

O resultado das nosas creacións podédelos ver nos seguintes vídeos:

 GALERÍA DE IMAXES

 

A recipe in my head

Literalmente, tivemos a receita nas nosas cabezas, mellor dito, nos nosos cookeryhats.

Durante dúas sesións da área de inglés aprendimos o vocabulario necesario para elaborar a nosa receita especial: CRAZY CATS. E na terceira, puxémonos mans á obra: Con yoghurt fixemos a face, con kiwi a mouth, con grapes a nose, con strawberries as ears e con cookies os eyes

E velaí o resultado: DELICIOUS!!!!!

Distribuir contido