O Apalpador é un home moi grande que vive nas montañas de Lugo, ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.
O Apalpador, todos os 24 de decembro baixa das montañas para visitar aos nenos e nenas galegas.
Cando están durmidos tócalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame. Se están fartos di: “así, así esteas todo o ano”- e déixalles unha presa de castañas. Se teñen fame non di nada, pero déixalle castañas igual.
Tamén pode deixar algún agasallo máis agochado en calquera lugar da casa e que os nenos e nenas temos que buscar ao erguernos. Estes agasallos soen ser manualidades que o Apalpador elabora coas súas mans ao longo do ano coa madeira dos montes do Caurel.
RECURSOS EDUCATIVOS
- Lenda en pdf para traballar na clase.
- Kamishibai elaborado no centro sobre a lenda do Apalpador (17 MB)
- Libro en pdf, elaborado no centro, da Lenda do Apalpador (15 MB)
- O libro da Lenda do Apalpador para colorear (7MB)
- Ligazón ao libro coa súa historia
- Web oficial do Apalpador
- Unidade didáctica sobre o Apalpador
Vídeo-conto
Kamishibai
Vídeo-conto realizado polo CEIP Coirón Dena
Libro de Xoan G. sobre a historia do Apalpador