Skip to Content

Actividades da Galiña Turuleta

O alumnado de Ed. Infaantil realizou as seguintes actividades ao longo do curso:

  • O conto de “Hansel e Gretel” foi o inicio do noso proxecto. Partindo del, elaboramos o noso propio conto “ A casiña das chuches”, co que traballamos as formas xeométricas básicas.
  • Co conto “Os tres porquiños” aprendimos a contar ata tres cara adiante e cara atrás.  Ademais representámolo no guiñol, e fixemos cilindros a xeito de churros de palla para o tellado da casa.
  • Todos pintaron, recortaron e axudaron na decoración da súa porta. E, como non, aprenderon a canción da Galiña Turuleca.
  • Creamos o conto da Galiña Turuleta.
  • Numeramos e gardamos dentro do conto 10 ovos numerados. Despois fixemos un puding que nos soubo de rechupete.
  • Cos ovos que recortamos e decoramos, fixemos distintas actividades.
  • Elaboramos o noso libro de adiviñas dos números.

Galería de imaxes

 

 



page | by Dr. Radut