O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro celebrou o Día das Librarías cunha emocionante visita a diversas librarías da cidade. Esta actividade, organizada pola Agrupación de Libreiros de Ourense para celebrar o Día das Librarías en colaboración coa Concellería de Educación de Ourense tivo como obxectivo fomentar o amor pola lectura e a importancia das librarías na nosa cultura.
O alumnado, cheos de entusiasmo, participaron nunha divertida busca do tesouro que os levou a explorar cada rincón de catro librarías ourensás (Nobel, Platero, Katedra e Eixo). A dinámica da actividade consistía en resolver pistas relacionadas con libros e autores, o que non só estimulou a súa curiosidade, senón que tamén lles permitiu descubrir novas lecturas e compartir momentos de alegría entre compañeiros.
Os monitores, que se encargaron de organizar a xornada, demostraron un gran bo facer ao guiar aos rapaces e rapazas durante toda a actividade. A súa dedicación e creatividade foron fundamentais para que a experiencia resultase tan enriquecedora e divertida.
Ao finalizar a visita, o alumnado regresou ao centro educativo con grandes sorrisos e cheos de novas historias que contar. Sen dúbida, esta celebración do Día das Librarías quedará gravada na memoria de todos os participantes, reforzando así o seu amor pola lectura e a importancia de apoiar as librarías locais.