CLUB LECTURA. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.

Club Lectura

Nas diferentes actividades que se fixeron procuráronse cubrir os diferentes gustos do noso alumnado, polo que buscamos que as lecturas e as actividades ao longo do curso fosen variadas en contidos, xénero, tipoloxía e complexidade. Para isto utilizamos diferentes soportes: impresos e electrónicos (libros de lectura propiamente ditos, prensa, libros de consulta, cómics, folletos, obras de teatro, Internet… tanto en galego como en castelán. 
No curso escolar 2023/2024  realizamos as seguintes actividades:

1º trimestre: lecturas comúns a todos os nenos e nenas.


la_vueltaCastelán: La vuelta al mundo en 80 días. Ed. Almadraba. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de setembro e outubro. O libro Trata sobre o cabaleiro inglés Phileas Fogg quere demostrarlle á sociedade do seu tempo (1872) que se pode dar a volta ao mundo en só 80 días. Durante a viaxe, Fogg e o seu servo Passepartout teñen que loitar contra todo tipo de obstáculos e, sobre todo, contra o paso do tempo. Este libro foi a escusa perfecta para que o alumnado de sexto sentise curiosidade pola vida no século XIX, polas diferencias culturais en todo o mundo, polos fusos horarios e o seu funcionamento, polos medios de transporte e a súa evolución ao longo da historia... e mesmo polos debuxos animados que vían os seus pais e a súa titora cando eran coma eles. Os medios tecnolóxicos facilitáronnos descubrir todo isto... a continuación deixámosvos dous enlaces que empregamos ao longo da nosa lectura. As actividades que realizamos foron as seguintes:

  • Debuxos animados: “Willy Fog: la Vuelta al mundo” (canción)
  • Realizamos a viaxe de Phileas Fogg co Google Earth


2º trimestre: lecturas comúns a todos os nenos e nenas:


 

Segredos

Galego: Segredos Soterrados. Xabier Domínguez Pérez e Alba de Evan Freijedo. Ed. Xerais. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de xaneiro e febreiro. O libro relata unha aventura nun campamento de Muiños (Ourense) nos traslade a principios do século XX e remova nas nosas mentes o aprendido no primeiro trimestre sobre a II Guerra Mundial. Pois isto foi o que lograron os seus autores ao escribir a historia de Anxela, Sabela, Jorge e a “especial”gata Morriña.    Os protagonistas deste libro conseguiron que nos mergullásemos nunha trama onde se entrelazaron os intereses económicos e corruptos dunha poderosa multinacional, coa defensa do medio ambiente e coa presenza nazi en Galicia. Unha trama que lle encantou aos nosos lectores de 6º e na que afondamos grazas ao Kahoot que crearon os nosos compañeiros de 5º EP e do encontro que tivemos cunha das súas autoras: Alba De Evan. Este foi un  dos libros que máis nos gustou este ano.

Kameko

Galego: O destino de Kameko de Abel Alves Ed. Aira. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de marzo. A iniciación no universo da banda deseñada en galego  chegou a sexto a través do libro “O destino de Kameko” do escritor Abel Alves e con Jorge Campos como ilustrador. Este libro naceu nunha “fabrica de soños nada en Allariz”: Aira editorial, unha desas xoias coas que contamos en Ourense e que as veces non valoramos o suficiente. A historia de Chiharu, unha moza orfa, salvada da morte por unha misteriosa guerreira, cativou aos nenos e nenas de sexto. Eles tan acostumados ao mundo do “manga”, á cultura do Xapón e ó mundo oriental, explicáronlle a esta titora as reviravoltas desta obra... Quen era a nena que levaba sempre unha tartaruga no alto do cocorote? Por que quere apreixala o máis despiadado asasino do imperio? Eles axudáronme a entender esta banda deseñada e eu, como agradecemento, ensineilles os debuxos animados máis orientais e orixinais da miña época e recomendeilles os “mangas” baseados neles: “O doutor  Slump e Arale”. Este libro foi outro acerto na nosa selección, non só porque gozaron moito léndoo senón porque lles deu ás para realizar os seus propios cómics.

 
3º trimestre: lecturas comúns a todos os nenos e nenas:


 Conto

• Castelán e galego: contos do apadriñamento lector para o día do libro.

Balda Galego:  “A Balada dos Unicornios” de Ledicia Costas. Ed. Xerais. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de maio. Non podía rematar o curso sen lermos algo da escritora por excelencia na actualidade da narrativa infanta-xuvenil en Galicia. Sí, a mesma, Ledicia Costas. Esta vez escollemos o libro a “Balada dos Unicornios” da ed. Xerais.    A obra transcorre na Escola de Artefactos e Oficios, onde os mozos e mozas máis brillantes son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios. A verdade é que dende o inicio a historia esta tan chea de intrigas que os nosos nenos e nenas de sexto estiveron a piques de perderse. Pero unha lectura ao aire libre e  en contacto coa herba fresca foi suficiente para reconectalos co que Ledicia lles quería contar. A ver se deixa de chover e podemos repetir a experiencia!

Galeria